Outras 12 accións formativas centradas no sector loxístico

A Xunta inviste 1,4 millóns de euros en formación nos sectores do metal e das renovables

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, participou este luns na mesa 'Retos da formación para o emprego: falando co sector do metal e das enerxías renovables', para visibilizar a formación para o emprego que se está a impulsar nestes dous sectores e ao que a Xunta destinará 1,4 millóns de euros.

A Xunta inviste 1,4 millóns de euros en formación nos sectores do metal e das renovables
Zeltia Lado,no centro, na mesa sobre 'Retos da formación para o emprego: falando co sector do metal e das enerxías renovables'.
Mesa sobre 'Retos da formación para o emprego: falando co sector do metal e das enerxías renovables'.

En total, e grazas á ampliación do investimento dos convenios de colaboración que a Xunta mantén, entre outros, cos clústeres das enerxías renovables (Cluergal) e o do metal (Asime) agárdase formar preto de 2.700 persoas a través de 117 cursos.

Mediante esta iniciativa axustarase a formación dos traballadores cos perfís que están a demandar as empresas, o que permitirá o incremento da competitividade do tecido produtivo de Galicia.

Lado puxo de relevo os máis de 117 millóns do novo Plan galego de formación para o emprego para 2024, un 12,9% máis ca este ano; o impulso da Rede de centros asociados de formación ou as accións formativas de curta duración e flexibles orientadas á mellora das oportunidades laborais.

Colaboración co Clúster da loxística

Por outra banda, a directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación tamén participou a semana pasada na mesa 'Retos da formación para o emprego: falando co sector da loxística', co fin de trasladar ás empresas as iniciativas postas en marcha nese senso.

Zeltia Lado destacou que o convenio de colaboración asinado co Clúster da Función Loxística de Galicia en outubro pasado supuxo a realización de 12 accións formativas con 257 persoas participantes. 

Para o 2024, e no marco da Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, a Xunta destinará 4,6 millóns de euros a convenios con estas entidades para a impartición de formación de carácter non formal. Tratarase de formacións de curta duración e flexibles dirixidas a persoas ocupadas e desempregadas, que permiten unha actualización dos coñecementos, capacidades e competencias dun xeito áxil, contribuíndo á mellora das oportunidades laborais.

A Xunta inviste 1,4 millóns de euros en formación nos sectores do metal e das renovables