Haberá tamén preto de 600 prazas de promoción interna

A Xunta convocará oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público

A Xunta convocará nas vindeiras semanas oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público na Administración Autonómica.

A Xunta convocará oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público
A oferta na Administración Autonómica suporá preto de 300 prazas..
En total, a oferta de emprego na Administración Autonómica suporá preto de 300 prazas e 600 no réxime de promoción interna.

En concreto convocaranse 134 prazas no ámbito dos servizos, con 117 prazas na especialidade de limpeza e cociña, e 17 na escala técnica de mantemento de servizos; e 121 prazas no ámbito ambiental e dos recursos naturais e forestais. Ademais, haberá 15 prazas para a escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos; 12 prazas para a escala técnica de análise de laboratorio; e outras 9 para a escala técnica de delineantes.

Todas estas prazas son de acceso libre e poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos e queira acceder a un emprego fixo, estable e de calidade na Administración autonómica.

Promoción interna

Por outra banda, o Goberno galego tamén vai convocar preto de 600 prazas para a promoción interna, polas que empregados públicos poderán ascender de categoría a través destes exames.

En concreto convocaranse 30 prazas para o Corpo superior (A1), 185 para o Corpo de xestión (A2), 240 para o Corpo administrativo (C1), e 130 prazas para o Corpo auxiliar (C2).

Ás prazas de promoción interna só poderá acceder o persoal empregado público que xa ten unha praza fixa na Administración e quere opositar para acadar un ascenso ou promoción profesional.

A Xunta convocará oposicións para cubrir preto de 300 prazas de emprego público