O prazo de inscrición estará aberto do 5 de abril ao 4 de maio

A Xunta convoca polo sistema de oposición 333 prazas de emprego público

A Xunta de Galicia abre este martes 5 de abril o prazo para inscribirse nas oposicións para 333 prazas de emprego público, trala publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das convocatorias de 16 escalas profesionais
A Xunta convoca polo sistema de oposición 333 prazas de emprego público
Un proceso selectivo de la Administración gallega.
As prazas convocadas pola Xunta de Galicia asignaranse polo sistema de oposición libre.

As 333 prazas seleccionaranse a través do sistema de oposición libre e non o de concurso-oposición que se viña empregando nas últimas convocatorias de emprego público da Administración autonómica.

A estas oposicións poderá presentarse calquera persoa que cumpra os requisitos esixidos nas convocatorias, e a súas posibilidades de lograr unha praza dependerán exclusivamente da preparación e do esforzo realizado polos aspirantes no proceso selectivo. Polo tanto, non haberá unha fase de concurso na que se valoren os méritos de experiencia profesional ou a formación.

A categoría para a que se convocan máis prazas é a de persoal subalterno con 119 prazas, que é á súa vez, é a categoría que presenta menos requisitos de titulación para os aspirantes. Tamén se convocan 65 prazas para a escala de auxiliar coidador, 54 para a escala de auxiliar de enfermería ou oito prazas para a escala técnica de Finanzas.

Ademais, inclúense 33 prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual: 28 delas para persoal subalterno e cinco para o Corpo auxiliar da Administración.

Todas estas prazas corresponden ás Ofertas de Emprego Público (OEP) do ano 2019, 2020 e 2021.

O prazo de inscrición estará aberto ata o 4 de maio, co que as persoas interesadas en participar nos procesos selectivos terán 20 días hábiles para facelo constar no modelo de solicitude electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

A Xunta ten previsto aprobar antes do mes de xuño unha nova Oferta de Emprego Público (OEP) para dar cumprimento á Lei 20/21 do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que incluirá prazas que se cubrirán por concurso de méritos e por concurso-oposición.

A Xunta convoca polo sistema de oposición 333 prazas de emprego público