Suporá un investimento de 2,25 millóns de euros

A Xunta organiza unha xornada para impulsar a presenza feminina en sectores masculinizados

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron esta mañá en Pontevedra na xornada 'Emprego sen etiquetas. Mulleres en empregos masculinizados', para impulsar a presenza feminina en sectores económicos onde tradicionalmente predominan os homes.

A Xunta organiza unha xornada para impulsar a presenza feminina en sectores masculinizados
Xornada 'Emprego sen etiquetas. Mulleres en empregos masculinizados', organziada pola Consellería de Emprego e igualdade.
Xornada 'Emprego sen etiquetas. Mulleres en empregos masculinizados', organizada pola Consellería de Emprego e igualdade.

Ambas explicaron o plan pioneiro que, con 2,25 millóns de euros, buscará en 2024 aumentar o emprego feminino en sectores onde predominan os homes, como o da construción ou o das TIC. Asemesmo, puxeron de relevo que o aumento do número de mulleres nestes sectores é vital para acadar a igualdade e unha sociedade máis xusta e equitativa.

Con este plan, a previsión é que se poidan contratar e formar unhas 300 mulleres no conxunto do territorio galego. Así, a axuda que se concederá con este programa será a equivalente ao custo da formación, prospección e contratación cun máximo por cada muller insertada de 7.500 euros.

Na xornada, realizada na sede da Asociación de Empresarios da Mediana e Pequena Empresa (Aempe), tamén tivo lugar unha mesa redonda onde estiveron presentes unha taxista, unha soldadora, unha xefa de obra e unha piloto de avión, para dar conta das súas respectivas experiencias en sectores masculinizados.

A Xunta organiza unha xornada para impulsar a presenza feminina en sectores masculinizados