28 de abril, Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

UGT e CCOO reclaman maior investimento na prevención de riscos

Coa vista posta na celebración o 28 de abril do Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia presentou este venres un informe analizando a sinistralidade do ano precedente e aproveitou para reclamar maiores investimentos en prevención de riscos.
UGT e CCOO reclaman maior investimento na prevención de riscos
Los sindicatos y comités de empresa reclaman equipos de protección individual, como mascarillas y guantes./leo2014 en Pixabay .
Os sindicatos denuncian que moitos traballadores contaxiáronse de covid-19 pola "escasa capacidade" de implantar medidas preventivas./leo2014 en Pixabay .

O avance estatístico de accidentes de traballo publicado polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social relativo ao ano 2019, recolle 30 228 accidentes de traballo con baixa en Galicia. Dese total, o 90,07 % ocorreron en xornada laboral (27 225 accidentes) e o 9,93 % restante no desprazamento do domicilio ao centro de traballo ou viceversa (3.003 accidentes), os chamados in itinere. O ano pasado 62 persoas perderon a vida nun accidente de traballo na nosa Comunidade.

Segundo o secretario de Saúde Laboral do sindicato, Roi Fernández, "a realidade que nos toca vivir dános a razón: é necesario investir en prevención de riscos". A pandemia do covid-19 "puxo en evidencia moitas carencias" preventivas que se arrastran de vello" e que, sen dúbida, explican un maior impacto do virus na sociedade: moitos traballadores contaxiáronse pola "escasa capacidade" de implantar medidas preventivas. "Cómpre un cambio de mentalidade no eido da prevención de riscos para minimizar o impacto sanitario, social e económico que poden provocar crises como esta", sentenciou Fernández.

Enfermidades profesionais

No referente á comunicación de partes de enfermidades profesionais, incrementouse no 2019 un 13,8 % en relación co 2018. "Pode parecer un mal dato, pero representa un lixeiro avance no recoñecemento de enfermidades profesionais2, puntualizou o secretario de Saúde Laboral de CCOO. Con todo, Roi Fernández alertou da infradeclaración de enfermidades profesionais. "Moitas desta doenzas se están a clasificar como enfermidades comúns". 

Á luz dos datos do estudo, un dos principais factores que inflúen nos malos datos de sinistralidade laboral é a precariedade no traballo. Segundo o informe de xaneiro a setembro elaborado polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde no Traballo (ISSGA), o 43 % dos accidentes sófrenos persoas asalariadas cun contrato temporal, e no 2019 esta modalidade de contratación alcanzou o 26 %, "unha clara evidencia de que o emprego de calidade é a principal solución a esta grave deficiencia social", salientou Fernández.

A prevención de riscos é outro factor fundamental na solución deste problema. "A mercantilización da prevención, as baixas ratios da inspección de traballo e seguridade social e, en moitos casos, a percepción da prevención de riscos como un gasto e non como un investimento, impiden o avance cara ao obxectivo de reducir a sinistralidade", reprochou o sindicalista.

UGT

UGT-Galicia tamén analizou as estatísticas de sinistralidade laboral en Galicia, denunciando as condicións de traballo que están detrás delas, "sobre todo nun mercado laboral como o noso marcado pola precariedade",

Segundo sinala nun comunicado "UGT sempre defendeu que a saúde laboral formase parte da saúde pública, e esa realidade faise máis patente que nunca hoxe, coa crise do covid-19. De feito, os contaxios no ámbito laboral e nos desprazamentos vinculados son, lamentablemente, importantes vectores de propagación do virus, tanto nos sectores esenciais que están garantindo a saúde e as subministracións da poboación como en empresas que non forman parte deles". 

Ao respecto da pandemia de coronavirus, considera o sindicato que "os servizos de prevención mostraron en moitos casos tremendas limitacións á hora de facer fronte ao reto de avaliar e establecer medidas preventivas para limitar as exposicións ao virus, convertendo en papel mollado as instrucións das autoridades sanitarias". Pero tamén botou en falta neste contexto unha maior presenza das institucións públicas no ámbito laboral. "Desde os sindicatos vimos reclamando unha maior coordinación entre os departamentos de sanidade e de traballo, tanto na Administración xeral do Estado como nas comunidades autónomas, para lograr a plena integración da saúde laboral na saúde pública", indican desde UGT-Galicia.

Comentarios
UGT e CCOO reclaman maior investimento na prevención de riscos