O 1 de febreiro

Os sindicatos do eido sanitario mobilízanse para demandar a recuperación dos acordos conxelados

Os sindicatos UGT, CCOO, CIG, SATSE, CSI-F e SAE convocan para este 1 de febreiro, a partir das 11.00 horas, unha concentración fronte á Consellería de Sanidade, na explanada do Sergas en Santiago, para demandar a recuperación dos acordos conxelados nestes últimos anos.

Os sindicatos do eido sanitario mobilízanse para demandar a recuperación dos acordos conxelados

Concretamente, o persoal do Sergas denuncia os "graves recortes" que veñen sufrindo nas condicións de traballo e dereitos. Lembran que existe un Acordo retributivo e de condicións de traballo 2008-2012 que tiña como un dos seus principais obxectivos situar as retribucións no ano 2012, ao final do acordo, na media retributiva do conxunto das comunidades autónomas.

Executouse a parte correspondente aos anos 2008 e 2009 pero no 2010 suspendéronse unilateralmente, por parte da Xunta, os incrementos ligados ao 2010, 2011 e 2012, deixando así aos traballadores do Sergas por debaixo da media retributiva do resto das comunidades autónomas e prexudicando aos grupos con inferiores retribucións.

Outro punto forte do acordo, e que quedou no aire, era que se pasaba a ter en conta as condicións de traballo ligadas á penosidade (traballo a quendas, traballo nocturno, festividade, desprazamentos en vehículos propios, manutencións, traballo en sábados, gardas...), sobre todo en atención primaria e PAC.

"Nun escenario de recuperación económica non se entende que se negue un calendario de recuperación dos dereitos perdidos", salientan desde os sindicatos. Tamén urxen a negociación de  todo o relativo á carreira profesional e denuncian o trato "discriminatorio" que se está a dar aos traballadores do Sergas ao aplicárselles un desconto do 50" durante os tres primeiros días da Incapacidade Temporal, en relación ao resto dos traballadores da función pública.

Os sindicatos do eido sanitario mobilízanse para demandar a recuperación dos acordos conxelados