Inscricións abertas ata o 7 de agosto

A Rede Eusumo formará ás entidades de economía social no uso de ferramentas dixitais

Ata o 7 de agosto permanecen abertas as inscricións nun curso en liña da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da Rede Eusumo, no que se ensinarán as principais ferramentas dixitais de utilidade para as entidades de economía social.

A Rede Eusumo formará ás entidades de economía social no uso de ferramentas dixitais
El Servicio Público de Empleo subvenciona cursos de formación en el sector Educación.
O programa aborda ferramentas dixitais en case todos os ámbitos das entidades de economía social.

A acción formativa ten carácter gratuíto e está dirixida a público en xeral, pero especialmente a persoas desempregadas e a traballadoras ou socias de entidades de economía social de Galicia.

A actividade terá unha duración de 40 horas e se estenderán desde o 8 de ata o día 31 de agosto. O obxectivo pasa por ofertar aos participantes, de forma sinxela e simple, información sobre as principais ferramentas para facilitar a xestión das entidades de economía social, o traballo colaborativo e a organización interna.

O programa aborda ferramentas dixitais en case todos os ámbitos da entidade, dividindoos contidos en cinco módulos principais. O alumnado comezará por coñecer aquelas  ferramentas útiles para a organización empresarial interna, desde a optimización de arquivos ata a automatización de procesos.

Gran parte da formación céntrase en recursos para a comunicación cara ao exterior: venda en liña, redes sociais, deseño de elementos corporativos e xeración de vídeos.

Ademais, os contidos tamén inclúen un apartado especial dedicado á comunicación entre entidades, a través de videochamadas e reunións virtuais, para favorecer e impulsar a rede de entidades de economía social en Galicia.

Comentarios
A Rede Eusumo formará ás entidades de economía social no uso de ferramentas dixitais