O 6 de xuño

Ponteareas organiza unha xornada para mellorar a empregabilidade da mocidade

O Concello de Ponteareas organiza a Xornada de formación e emprego “Que facer co meu futuro?”, que terá lugar o vindeiro 6 de xuño na sala multiusos do Auditorio Municipal.
Ponteareas organiza unha xornada para mellorar a empregabilidade da mocidade
1ª Xornada de formación e emprego do Concello de Ponteareas.
1ª Xornada de formación e emprego do Concello de Ponteareas.

Organizada polas concellarías de Formación e Emprego e Mocidade do concello pontevedrés, a xornada estará dividida en tres eixos fundamentais. A mañá comezará da man da orientadora laboral Clara Isabel León, que axudará aos asistentes a comprender o funcionamento do Servizo Público de Emprego de Galicia e como utilizalo como un aliado na procura dun emprego de calidade.

Sonia Román Hermida, consultora de Recursos Humanos en Gi Group, falará dos pasos e estratexias a seguir para contactar directamente coas empresas e presentar unha candidatura espontánea.

Finalmente, será a orientadora educativa no CIFP Valentín Paz Andrade, Betina Represas, quen achegará a súa visión sobre a formación profesional, unha alternativa que pode abrir moitas portas á nosa mocidade.

A concelleira de Formación e Emprego de Ponteareas, Vanesa Fernández, sinala que “esta é unha ocasión única para mellorar a empregabilidade e atopar novas oportunidades laborais”. Pola súa parte, o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, destacou que a xornada supón “un novo paso na aposta decidida deste Concello por facilitar o futuro das mozas e mozos”.

As inscricións están abertas e pódense realizar chamando ao 986 661 050.

Ponteareas organiza unha xornada para mellorar a empregabilidade da mocidade