O Comité reclama á Xunta que se pronuncie

O plantel de Ferroatlántica irá á folga o 10 de marzo

Os traballadores de Ferroatlántica Cee-Dumbría -Centrais Hidroeléctricas irán a folga o venres 10 de marzo ante a intención da empresa de levar adiante a venda das plantas de xeración de electricidade e a segregación de actividades.

O plantel de Ferroatlántica irá á folga o 10 de marzo
Concentración de traballadores de Ferroatlántica o pasado 10 de febreiro./CIG.
Concentración de traballadores de Ferroatlántica o pasado 10 de febreiro./CIG.

Así llo trasladaron este martes ao conselleiro delegado de Ferroglobe, Pedro Larrea, durante a reunión que mantivo en Cee coa representación social e na que os informou da previsión da compañía de investir 100 millóns de euros e crear 500 postos de traballo en Galicia.

 "A convocatoria de folga é a nosa resposta ao anuncio do acordo de venda da centrais hidroeléctricas e o inicio das xestións diante da autoridade bolsista norteamericana. Ante a confirmación de que o Grupo Villar Mir prosegue adiante con esta operación especulativa, bloqueando calquera tipo de diálogo coa representación do persoal", aseveraron desde o Comité de Empresa, nun comunicado difundido pola CIG.

Ante este novo panorama, o Comité urxe á Consellaría de Industria a responder á solicitude de reunión cursada hai máis de unha semana e apela á responsabilidade da Xunta como titular das concesións para evitar que o grupo empresarial consuma as súas intencións. Neste senso, segundo informou Larrea, até o momento a multinacional non tería presentado ningún tipo de documentación ou xestión na administración galega. "Isto significa que Ferroglobe negociou un acordo de venda con Brookfield absolutamente ilegal". O Comité lembra que existe un compromiso por parte de Industria de convocar á representación do persoal no caso de existiren novidades nestes proceso. "Que maior novidade pode haber que o anuncio público do acordo de venda?", inquiren.

A folga, que xa foi rexistrada na Consellaría de Traballo, desenvolverase de 06:00 horas do venres 10 ás 06:00 horas do sábado 11 de marzo e afecta a todos os centros de traballo de Ferroatlántica na Costa da Morte, incluindo as fábricas de Cee e Dumbría e as centrais de Vimianzo e Dumbría. Así mesmo, o paro amplíase a toda a

Comentarios
O plantel de Ferroatlántica irá á folga o 10 de marzo