Esgota a taxa de reposición

A oferta de emprego público da Xunta suma 1.102 prazas, o 55% delas de acceso libre

O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto de oferta de emprego público (OEP) da Administración Xeral da Xunta e das entidades instrumentais do sector público autonómico para este ano 2023 que ascende a 1.102 prazas, as que o 55% serán de acceso libre.
A oferta de emprego público da Xunta suma 1.102 prazas, o 55% delas de acceso libre
Un 40% de las plazas convocadas serán de acceso libre.
A oferta de emprego público da Xunta en 2023 suma 1.102 prazas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que a Administragión galega vai ofertar “606 prazas de acceso libre, 309 para promoción interna e 187 para avanzar no proceso de funcionarización do persoal laboral fixo”.

Este decreto apróbase logo de recibir o voto favorable dos sindicatos CC.OO. e UXT, e será publicado nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG). Deste xeito, tal e como resaltou o presidente autonómico, o Goberno galego “esgota un ano máis a taxa de reposición imposta polo Executivo central” para cubrir xubilacións, falecementos, renuncias, excedencias ou altas e baixas producidas por concursos de traslados a outras administracións.

A OEP de 2023 inclúe 300 prazas para a promoción interna do persoal funcionario de carreira e outras nove para promoción interna nos entes instrumentais; e 187 postos para continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo da Xunta pactado no Acordo de concertación para a mellora das condicións do emprego público, asinado en 2019 cos sindicatos CC.OO. e UXT.

A oferta de prazas aprobada ten a finalidade de garantir a posibilidade de que calquera persoa que cumpra os requisitos poida acceder a un posto de traballo de alta calidade na Xunta de Galicia; que os empregados públicos que xa traballan na Administración galega con carácter temporal poidan consolidar os seus postos de traballo; garantir o dereito á promoción profesional dos empregados públicos; e continuar co proceso de funcionarización voluntaria do persoal laboral fixo.

Rueda salientou que o maior número de prazas de acceso libre concéntrase no ámbito da loita e prevención contra incendios forestais. Serán “máis da metade” dos postos ofertados con 334 prazas: 181 na categoría de bombeiro/a forestal; 75 na de bombeiro forestal condutor/a; ou 71 na de bombeiro forestal xefe de brigada.

Outras 94 prazas serán para administración xeral (corpo superior, de xestión e administrativo, persoal subalterno..); dez para reforzar o persoal do Igape (4) e o Instituto para o Control do Medio Mariño en Galicia (6) e 168 para administración especial nas que cómpre destacar, entre outras, 40 prazas para a escala de axentes técnicos en xestión ambiental; 30 na escala de veterinarios; 25 prazas na escala de auxiliares de clínica; 19 prazas para o corpo superior A1; 16 prazas para a escala de sistemas e tecnoloxía da información; ou 15 prazas para a especialidade de psicoloxía e para a especialidade de enfermaría, respectivamente. A todas estas prazas de libre acceso poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos exixidos nas correspondentes convocatorias.

Promoción interna e funcionarización

Ás prazas de acceso libre súmanse outras 300 prazas para a promoción interna do persoal funcionario, uns procesos reservados a empregados públicos que xa son funcionarios e que poden acadar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución. Ademais, engádense outras nove prazas para a promoción interna nos entes instrumentais.

Ademais, inclúense 187 prazas para continuar co proceso voluntario de funcionarización do persoal laboral fixo. Estas probas non teñen carácter competitivo, senón que permiten modificar o réxime xurídico do traballador, que pasa de ser empregado laboral fixo a funcionario de carreira da Administración.

Prazas reservadas para persoas con discapacidade

A reserva de prazas para persoas que acrediten discapacidade nesta oferta de emprego público acada o 11,25 % das prazas. Unha parte delas será para o acceso de persoas con discapacidade intelectual. A reserva é maior do que establece a lexislación, que marca un mínimo do 7 % para facilitar o acceso da discapacidade á función pública.

O presidente da Xunta indicou que en vindeiros Consellos se aprobarán as datas previstas dos examen para que aquelas persoas que están preparando as oposicións teñan “unha orientación” de cando terá lugar o proceso selectivo. 

A oferta de emprego público da Xunta suma 1.102 prazas, o 55% delas de acceso libre