A reforma requiriu un investimento de case 1,2 millóns de euros

A nova oficina de emprego de Cangas, punto de referencia para o emprego no Morrazo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade en funcións, Elena Rivo, visitou este martes a nova oficina de emprego de Cangas, que permitirá dar resposta ás necesidades da poboación deste municipio e dos limítrofes de Moaña e Bueu.

A nova oficina de emprego de Cangas, punto de referencia para o emprego no Morrazo
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na oficina de emprego de Cangas.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na oficina de emprego de Cangas.

As novas instalacións da oficina de emprego de Cangas, que recibieron un investimento de case 1,2 millóns de euros, permitirán dar continuidade ao traballo que, desde a Xunta de Galicia, supuxo atender o ano pasado máis de 15.000 citas da comarca do Morrazo.

A oficina, que da servizo aos concellos de Cangas, Moaña e Bueu, conta cunha superficie de case 900 metros cadrados e alberga os dous servizos públicos de emprego: o galego e o estatal. Con máis espazo tanto para as persoas usuarias como para as traballadoras, a infraestrutura dispón dun posto de información, dun sistema intelixente de control de espera, dunha distribución do persoal orientada a servizos, de espazos de usos múltiples con equipamentos multimedia, de arquivo e de sala técnica de informática, entre outros espazos.

O obxectivo é facer que esta oficina se converta nun punto de referencia para o emprego na comarca do Morrazo, no marco da modernización do Servizo Público de Emprego deGalicia que neste 2024 suporá un investimento por parte da Xunta de 8,5 millóns de euros.

Á renovación de oficinas coma esta -con investimento en equipamento, obras e novas infraestruturas-, súmase o reforzo do servizo de orientación laboral e prospección empresarial e a consolidación da ferramenta EMi que sincroniza oferta e demanda en tempo real grazas á intelixencia artificial e á analítica avanzada, co gallo de conseguir dar resposta ás 12.000 vacantes laborais existentes en Galicia.

A nova oficina de emprego de Cangas, punto de referencia para o emprego no Morrazo