A través de 52 cursos e 26 seminarios

Máis de 2.100 galegos recibiron este curso formación no sector TIC no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

.A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de entregar a 84 alumnos os diplomas correspondentes a cinco cursos que veñen de rematar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), en Santiago.

Máis de 2.100 galegos recibiron este curso formación no sector TIC no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia
Alfonso Marnotes e Sol Vázquez cos alumnos dos cinco cursos impartidos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.
Alfonso Marnotes e Sol Vázquez cos alumnos dos cinco cursos impartidos no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, e a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, asistiron ao acto no que destacaron a aposta da Administración autonómica pola formación no sector TIC para dar resposta ás novas demandas da industria e o comercio galego.

A capacitación dos traballadores nas novas tecnoloxías está integrada nas principais estratexias económicas e de innovación de Galicia como son a Axenda 20 para o Emprego, a Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 e a Axenda Galicia-Industria 4.0. No Centro de Novas Tecnoloxías formáronse ao longo do curso 2016/2017 máis de 2.100 alumnos a través de 52 cursos e 26 seminarios dirixidos principalmente a persoas ocupadas en empresas TIC.

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral lembrou que a oferta formativa do CNTG, que conta cunha inserción laboral media do 60% nas accións dirixidas a desempregados, permite aos alumnos acceder aos exames de certificación oficial con recoñecemento a nivel mundial para acreditar o seu dominio nun determinado produto ou ferramenta tecnolóxica. Actualmente, o Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia é un referente na formación pública de profesionais TIC a nivel galego e estatal.

Os diplomas que se entregaron hoxe corresponden a cinco accións: virtualización e alta dispoñibilidade con Linux LPI3; business analysis; automatización de infraestruturas; desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas; e márketing online-community manager dirixido ao sector comercial. Sobre este último curso, a directora xeral de Comercio destacou que, ademais de incrementar as oportunidades laborais dos participantes, contribúe a mellorar o posicionamento do sector comercial, indicando a importancia de este tipo de cursos nun momento no que neste ámbito demándanse máis capacidades dixitais para ser competitivos.

Marnotes tamén sinalou a importancia de ofrecer unha formación de calidade para incrementar as oportunidades laborais das persoas que buscan un emprego e para actualizar a cualificación das que xa están traballando. Afirmou, así mesmo, a necesidade de adecuar os perfís profesionais ás demandas reais do tecido empresarial a través de cursos como os que se imparten no CNTG en consonancia co novo modelo da Industria 4.0.

Comentarios
Máis de 2.100 galegos recibiron este curso formación no sector TIC no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia