Acordo entre a Xutna de Galicia, APE Galicia, ATA e Agtamar

O ISSGA asesorará aos autónomos para minimizar os riscos de contaxio na contorna laboral

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinou un convenio de colaboración coas tres asociacións que representan ao colectivo das persoas traballadoras autónomas para reforzar a prevención contra a covid-19 nos centros de traballo destes profesionais.
O ISSGA asesorará aos autónomos para minimizar os riscos de contaxio na contorna laboral
A conselleira María Jesús Lorenzana asinou o convenio cos representantes de APE Galicia
A conselleira María Jesús Lorenzana asinou o convenio cos representantes de APE Galicia, ATA e Agtamar.

O documento foi asinado, ademais da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, polo presidente da Asociación intersectorial e interterritorial dos autónomos e pequenas empresas de Galicia (APE-Galicia), José Ramón Caldas; e polos seus homólogos da Asociación de Trabajadores Autónomos da Comunidade galega (ATA), Rafael Granados; e da Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar), Eduardo Abad.

En virtude do convenio, a Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) comprométese a prestar asesoramento técnico, informar e sensibilizar ao colectivo das persoas autónomas sobre o risco de transmisión do coronavirus e as medidas a adoptar para evitar a súa propagación nos lugares de traballo.

Neste sentido, revisaranse os protocolos específicos de cada actividade e se acompañará aos profesionais na implementación de medidas organizativas e de hixiene. Parte do traballo permitirá avaliar o nivel de preparación dos establecementos nesta fase da covid-19 e promover recomendacións preventivas. O obxectivo último destas e outras actuacións non é outro que o de garantir espazos seguros e formas de traballar axeitadas para mellorar a actividade económica e xerar confianza.

As actuais medidas sanitarias e a evolución da pandemia obrigan a non baixar a guardia. Neste sentido, o ISSGA contribuirá a actualizar e revisar as recomendacións preventivas de saúde laboral para os diversos sectores. Por medio da unidade multidisciplinar de referencia da covid-19 -recentemente creada e integrada por especialistas en hixiene industrial e saúde no traballo, seguridade, ergonomía e psicosocioloxía aplicada- axudarán aos profesionais a identificar medidas para cada actividade e revisar os seus protocolos específicos.

No marco de colaboración acadado, Xunta e autónomos establecerán unha canle directa de diálogo que permita dar resposta ás consultas dos profesionais en relación coa adaptacións dos espazos de traballo, a sinalización axeitada, o uso de máscaras e equipos deprotección e outras medidas preventivas.

O ISSGA asesorará aos autónomos para minimizar os riscos de contaxio na contorna laboral