Ata o 15 de outubro

As empresas galegas poden solicitar xa as prórrogas dos ERTEs

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar a órdenes para que as empresas galegas acollidas a un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) poidan acordar a súa prórroga ata o 28 de febrero de 2022.
As empresas galegas poden solicitar xa as prórrogas dos ERTEs
Los establecimientos de hostelería podrán optar a entre 1.000 y 2.000 euros por cada mes cerrados./A.VARELA.
Los establecimientos de hostelería podrán optar a entre 1.000 y 2.000 euros por cada mes cerrados./A.VARELA.

A orde regula o novo procedemento para que as empresas de Galicia con expedientes de regulación temporal de emprego (Ertes) derivados da covid-19 poidan solicitar a súa prórroga con efectos entre o 1 de novembro e ata o próximo 28 de febreiro, tras a extensión acordada polo Goberno central, que os alonga de xeito automático durante o mes de outubro. 

A Xunta abriu xa o prazo, que se estenderá ata o 15 de outubro, para recibir as peticións de prórroga dos Ertes que estiveran vixentes ata este 30 de setembro. Unha vez recibidas, a Administración galega conta con 10 días hábiles para resolver e notificar ás persoas solicitantes, ou estimar a solicitude por silencio administrativo positivo. 

Na publicación no DOG recóllese o  modelo normalizado para iniciar a tramitación da prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego, que deberá presentarse de xeito telemático, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Xunto co documento de solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a relación das horas ou días de traballo suspendidos ou reducidos durante os meses de xullo, agosto e setembro de 2021 de cada unha das persoas traballadoras, que deberán constar debidamente identificadas e vencelladas cos seus respectivos centros de traballo.  

No caso de expedientes aos cales resulte de aplicación o artigo 23 do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da covid-19 (Ertes ETOP), a solicitude deberase acompañar do  informe da representación das persoas traballadoras con quen se negociou o expediente. 

As empresas galegas poden solicitar xa as prórrogas dos ERTEs