Convocatoria de preto de 500 prazas de emprego público de acceso libre

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, este luns, a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre na Administración galega, ás que poderán acceder todas aquelas persoas que cumpran cos requisitos establecidos en cada convocatoria.

Convocatoria de preto de 500 prazas de emprego público de acceso libre
Un 40% de las plazas convocadas serán de acceso libre.
Conovcadas 487 prazas de emprego público de acceso libre na Administración galega.

En concreto, convócanse 17 prazas na escala superior de finanzas (A1); 18 prazas na escala técnica de finanzas (A2); 93 na escala de veterinarios/as (A1); 14 prazas na especialidade de bioloxía (A1); e 29 na especialidade de medicina (A1).

Por outra banda, convócanse 2 prazas na escala de subinspección urbanística (A2); 42 prazas na especialidade de enfermería (A2); 21 na escala de educadores/as sociais (A2); 12 na escala auxiliar de laboratorio (C2); 83 prazas na escala de persoal de servizos xerais (C2); 124 prazas na escala de axentes técnicos facultativos de educación infantil (C1/B); e 13 prazas na escala de xerocultor (C2).

Tamén se convocan 19 prazas na agrupación de persoal subalterno (AP) reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

As persoas interesadas en participar nestes procesos terán 20 días hábiles (que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG) para facelo constar no modelo de solicitude electrónica, para o cal debe dispoñerse de certificado dixital, DNI electrónico ou Chave 365, e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

Convocatoria de preto de 500 prazas de emprego público de acceso libre