A través do proxecto europeo Decid-E

Cogami desminte falsos mitos para normalizar a inserción laboral de persoas con discapacidade

Decid-E é o nome do proxecto de boas prácticas para a inclusión laboral no que participa COGAMI xunto a entidades doutras comunidades españolas, francesas e portuguesas, e co que se pretende mellorar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade.

Cogami desminte falsos mitos para normalizar a inserción laboral de persoas con discapacidade
COGAMI mantivo xuntanzas con empresas galegas para  contacto con empresas saíron a debate argumentos que serven para desmentir falsas crenzas e ideoloxías relacionadas coa discapacidade.
COGAMI mantivo xuntanzas con empresas galegas para debater sobre falsas crenzas e ideoloxías relacionadas coa discapacidade.

Iniciado por COCEMFE, entidade da que forma parte COGAMI a nivel estatal, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pola Fundación ONCE, a través do  Programa POISES, o proxecto Decid-E (Desenvolvemento de Redes de Cooperación Transnacional para a Inclusión Laboral das Persoas con Discapacidade) ten por obxectivo mellorar as oportunidades laborais das persoas con discapacidade a través de iniciativas de cooperación europea entre entidades que traballan pola inclusión laboral das persoas con discapacidade física, orgánica e sensorial.

Dende COGAMI contactouse con empresas de Lugo, Santiago, Ourense e Vigo para debater os seus puntos de vista sobre a discapacidade. Nestes encontros, as empresas participantes amosaron a súa satisfacción coa iniciativa porque lles permite xerar un espazo onde poder coñecerse e compartir experiencias. Estes foros serven tamén para eliminar falsos mitos, medos, dúbidas e derrubar barreiras mentais, así como normalizar a discapacidade como unha característica máis da persoa.

Nesta busca do contacto directo co empresariado para coñecer a súa visión sobre a relación que mantén cos servizos de emprego de entidades como COGAMI, ademais de afondar no papel das empresas como axentes de inserción e trazar liñas de colaboración, analizáronse metodoloxías aplicadas para identificar boas praxes e consensualas cunha posta en común do persoal técnico dedicado á orientación laboral.

Tras este intercambio, detectáronse necesidades como a falta de formación orientada á inserción, facer xornadas de sensibilización dirixidas ao empresariado para que tanto este como os seus cadros de persoal amplíen a visión sobre a discapacidade, desmitificar o absentismo laboral no sector da discapacidade e mesmo lograr facer empresas máis inclusivas.

Ademais do empresariado, as fases seguintes deste proxecto Decid-E centraranse no contacto con persoas con discapacidade, persoal técnico que traballa en servizos de orientación laboral especializados de persoas con discapacidade e tamén entidades do sector, o que serían todos os axentes sociais implicados.

Ao ser unha iniciativa de  cooperación, levarase a cabo unha análise de metodoloxías aplicadas e posta en común que será recollida nun documento de boas praxes que servirá de guía para as persoas profesionais do sector.

Cogami desminte falsos mitos para normalizar a inserción laboral de persoas con discapacidade