E un taller sobre a adecuación á nova norma ISO

A Cámara de Santiago oferta formación práctica sobre contabilidade para pemes

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela organizará a principios de maio dous cursos de formación sobre contabilidade financeira informatizada e negociación bancaria para axudar ás empresas da súa demarcación a expandir o seu negocio. 

A Cámara de Santiago oferta formación práctica sobre contabilidade para pemes

Celebrará un curso de contabilidade financeira informatizada, que impartirá a consultoría fiscal, laboral e contable C&B Asociados, entre os días 2 e 11 de maio, en horario de 19:00 a 21:30 horas nas aulas de formación da entidade. O obxecto da formación é que o alumnado, ao finalizar o curso, teña coñecementos que lles permitan levar a contabilidade integra dunha pequena e mediana empresa. Está destinado a persoas con coñecementos contables que desexen realizar unha aplicación práctica dos mesmos a través do manexo dun programa informático a través do que poderán ver a casuística contable dunha empresa en funcionamento.

Seminarios sobre negociación bancaria e normas de calidade ISO

Ademais, o 3 de maio a Cámara impartirá un seminario técnico empresarial sobre a negociación bancaria. Celebrarase entre as 17:30 e as 20:30 horas. O seu obxecto é que os alumnos coñezan a negociación bancaria desde a visión do banco para levar a cabo unha negociación máis efectiva.

Ese mesmo día, o 3 de maio, o ente cameral organizará un taller gratuíto sobre a adecuación do sistema de xestión á norma de calidade ISO 9001:2015. Celebrarase no salón de actos da Cámara entre as 10:00 e as 11:30 horas, e estará impartido por Carmen Ripamonti, consultora do Grupo CEI. A norma ISO 9001:2015 será obrigatoria a partir de setembro de 2018 e todas as empresas certificadas coa versión do 2008 terán que realizar o cambio antes desta data límite.

A Cámara de Santiago oferta formación práctica sobre contabilidade para pemes