Para menores de 30 anos e mulleres desempregadas

A Asociación Área Empresarial do Tambre pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inicia unha nova edición do Programa Integrado de Emprego 2022/23, financiado pola Xunta de Galicia con fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de Emprego Estatal, con 100 participantes, menores de 30 anos con baixo nivel de estudos e mulleres desempregadas con diferentes niveis formativos.

A Asociación Área Empresarial do Tambre pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego
Un dos cursos formativos desenvolvidos nunha anterior edición do rograma Integrado de Emprego da AETT.
Un dos cursos formativos desenvolvidos nunha anterior edición do rograma Integrado de Emprego da AAET.

O aspecto esencial do Programa Integrado de Emprego da Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET)  céntrase nas accións de orientación e intermediación laboral para a inserción dos participantes, que axudarán a potenciar a súa confianza, reforzar a súa motivación e enriquecer os seus contactos sociolaborais. Ademais, esta orientación laboral servirá para que os participantes coñezan novas técnicas de procura de emprego, realización de currículos ou a preparación de entrevistas de traballo.

O programa, que se desenvolverá ata o mes de novembro, conta tamén cunha dimensión formativa, coa programación de accións sobre motivación, habilidades comunicativas, idiomas ou informática, destinadas a mellorar a empregabilidade dos participantes. Outra cuestión que se traballa no programa é a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da contorna para que os participantes adquiran habilidades e hábitos de traballo. A asociación considera que as prácticas son unha actividade moi aceptada polas empresas, xa que lles permite testar a integración dos candidatos no ambiente da empresa.

A Asociación Área Empresarial do Tambre pon en marcha un novo Programa Integrado de Emprego