O sector precisa de 800 traballadores, estima a patronal

Asime formará 1.000 persoas en competencias industriais

Asime ten en marcha por terceiro ano consecutivo o seu programa formativo en colaboración coa Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través do que oferta ata o mes de xuño 965 prazas en 62 cursos formativos.
Asime formará 1.000 persoas en competencias industriais
Asime oferta preto de 1.000 prazas en 62 cursos formativos, como o de carretilla elevadora.
Asime oferta preto de 1.000 prazas en 62 cursos formativos, como o de carretilla elevadora.

O programa está financiado pola Unión Europea no marco dos NextGenerationEU e formou xa a máis de 3.000 persoas en 270 cursos sobre competencias clave para o sector industrial desde o ano 2022. Agora abre a matrícula noutros 62 cursos de carácter gratuíto, cun total de 965 prazas. Esta oferta formativa sen precedentes busca ofrecer oportunidades de cualificación e recalcificación da poboación activa en sectores estratéxicos como o da industria do metal e as súas tecnoloxías asociadas

Ao respecto, enrique Mallón, secretario xeral de Asime, recordou que "actualmente, o 35% das empresas industriais ten necesidades de persoal de maior ou menor urxencia que non están sendo capaces de cubrir. En Galicia necesítanse, como mínimo, 800 persoas para cubrir os pedidos e contratos cerrados xa pechados e outras 1.5000 de forma permanente a medio prazo para poder asumir novos proxectos”.

“Hai especial demanda na eólica mariña, naval, e maquinaria industrial, que precisan perfís que van dende electromecánicos a soldadores, enxeñeiros, técnicos de automatización robótica ou tubeiros. Con programas como estes buscamos precisamente contribuír a solucionar a brecha existente entre demanda de perfís e cualificación dos traballadores e traballadoras, xerando emprego e potenciando o crecemento do sector industrial”.

Con esta iniciativa formativa, Asime quere dar resposta ás necesidades reais do sector, que afronta importantes cambios relacionados coa dixitalización ou a transición enerxética.

Opcións formativas en Vigo, Narón, Lugo e online

En Vigo terán lugar cursos sobre ensaios, enerxías renovables, comprobación e diagnose de vehículos eléctricos, instalación de puntos de recarga de vehículos eléctricos, loxística, soldadura, programación de robots, instalacións eléctricas, carretilla elevadora, piloto de drons, tubaxe industrial ou caldeirería. Hai un total de 33 cursos con 500 prazas abertas.

En Narón, as formación abordarán carretilla e almacén, ponte grúa, prevención de riscos laborais, soldadura, ensaios non destrutivos, primeiros auxilios, liderado preventivo ou carretilla frontal e retráctil (este último en Bergondo). Faranse un total de 20 cursos para 200 persoas.

En Lugo, pola súa banda, centraranse en ponte grúa, carretilla elevadora e prevención de riscos laborais. Ofértanse 7 cursos cun total de 84 prazas.

Así mesmo, as persoas que o prefiran poden formarse tamén nun amplo catálogo de 9 cursos en liña que cobren áreas como business inteligence, xestión de tempo, xestión de recursos humanos, automatización industrial robótica, intelixencia artificial, contabilidade analítica ou programación CAD-CAM. Hai un total de 141 prazas abertas para estas formación online.

Todos os cursos están abertos a persoas desempregadas inscritas na oficina de emprego de Galicia ou a traballadores de empresas galegas, e non supoñen custo algún para os participantes nin tampouco para as empresas, que non consomen crédito da Fundae ao non necesitar bonificar os cursos.

Asime formará 1.000 persoas en competencias industriais