Bonos Talento Empresa

Aberta a convocatoria de axudas da Xunta para apoiar accións formativas de curta duración

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar unha convocatoria de axudas da Consellería de Promoción do Emprego dirixida a microempresas, pequenas empresas, entidades do terceiro sector da acción social e profesionais autónomos para a realización de accións formativas dun mínimo de 16 horas e un máximo de 100 horas.

Aberta a convocatoria de axudas da Xunta para apoiar accións formativas de curta duración
. El Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social ha abierto más de 20.000 plazas de formación online subvencionada.
Os Bonos Talento Empresa financiarán accións formativas dun mínimo de 16 horas e un máximo de 100 horas.

Esta primeira edición dos Bonos Talento Empresa, dotados con dous millóns de euros, poderá solicitarse ata o vindeiro 29 de setembro. O novo programa enmárcase na Axenda Galega de Capacidades para o Emprego, que está a depregar o Goberno galego seguindo as directrices europeas, co obxecto de mellorar as capacidades das persoas, para fortalecer a competitividade das empresas e garantir a equidade social.

Mediante esta iniciativa búscase actualizar e mellorar os coñecementos e competencias dos cadros de persoal das empresas para dar resposta ás necesidades do tecido produtivo e á transición dixital e ecolóxica que está a vivir o mercado laboral. Cada vez son máis as persoas que necesitan actualizar e mellorar os seus coñecementos, capacidades e competencias para reducir a fenda entre a súa formación e as necesidades dun mercado de traballo en constante evolución.

Beneficiarios das axudas

Os Bonos Talento Empresa financiarán estas accións formativas de curta duración con axudas máximas de 25.000 euros por entidade. As axudas son en réxime de concorrencia non competitiva e as entidades poderán solicitar e obter ata un 50% de pago anticipado.

Poderán optar a estes apoios microempresas e pequenas empresas, así como entidades do terceiro sector da acción social, validamente constituídas tres anos antes da data de publicación desta convocatoria e con actividade ininterrrompida, con centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver a actividade para a que solicitan a axuda.

As entidades do terceiro sector da acción social poderán ser beneficiarias destas axudas, sempre que cumpran a condición de microempresa ou pequena empresa. No caso das microempresas e pequenas empresas, a estimación da Consellería de Promoción do Emprego é cualificar a través deste programa unhas 1.200 persoas en 120 empresas.

Pola súa banda, as persoas traballadoras autónomas terán que contar con persoas contratadas ao seu cargo e estar validamente inscritas no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (Reta) ou no Réxime Especial de Traballadores do Mar por conta propia, con centro de traballo en Galicia e cunha antigüidade como cotizante igual ou superior a tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data de publicación deste programa.

As persoas traballadoras ocupadas por conta allea que se atopen contratadas baixo a modalidade de fixos descontinuos poderán realizar a formación tanto nos períodos de ocupación como de non ocupación.

As axudas contempladas nesta orde están cofinanciadas nun 60 % polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+) no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027. Con esta iniciativa, o Goberno galego aspira a mellorar a cualificación profesional das persoas traballadoras, a competitividade das empresas e as oportunidades en Galicia.

 

Aberta a convocatoria de axudas da Xunta para apoiar accións formativas de curta duración