Pino Encuadernaciones, un dos participantes

48 mozos e mozas participan na formación dual específica para obradoiros artesanais

O obradoiro artesán vigués Pino Encuadernaciones  é un dos participantes no novo programa para a incorporación de aprendices aos obradoiros artesanais galegos impulsado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

48 mozos e mozas participan na formación dual específica para obradoiros artesanais
Francisco Conde visitou en Vigo o obradoiro artesán Pino Encuadernaciones.
Francisco Conde visitou en Vigo o obradoiro artesán Pino Encuadernaciones.

Un total de 48 mozas e mozas de diferentes disciplinas de formación profesional, Deseño Industrial e Belas Artes están a completar a súa formación grazas a esta iniciativa, que adapta a formación dual ás características propias do sector, posibilitando a transmisión das técnicas artesanais ao tempo que se ofrece aos aprendices formación teórica e práctica.

Pino Encuadernaciones, que participa nesta primeira edición do programa cun aprendiz, é un obradoiro de encadernación artística e artesanal no que se reivindica o valor artístico do oficio. O seu titular, Pablo Otero Pino, comezou a encadernar durante a súa época universitaria materiais de estudo na súa área e, despois, noutras facultades. Na actualidade dedícase tanto a facer encadernacións clásicas e sinxelas como coidados deseños artísticos de diferentes estilos, que se adaptan tamén aos contidos dos propios libros e ás sensacións que transmiten. No ano 2011, Pablo Otero Pino acadou o terceiro Premio Nacional de Encadernación Artística, outorgado polo Ministerio de Cultura en recoñecemento á encadernación de "Paraíso inhabitado" (2008), escrito pola Premio Cervantes Ana María Matute. Ademais, resultou finalista destes mesmos premios en numerosas ocasións.

Este obradoiro artesán localizado en Vigo recibiu este lunes a visita do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quen salientou a unión da tradición e as novas tendencias que se xuntan no seu traballo. 

Máis de 5.000 profesionais no sector da artesanía

A Artesanía de Galicia é un sector en auxe no que traballan máis de 5.000 persoas e que cada día incorpora novo talento que contribúe a potenciar o valor do feito a man, mesturando o saber facer dos oficios tradicionais galegos cunha crecente aposta polo deseño, a creatividade e a calidade das pezas.

A Xunta, dentro da súa estratexia de impulso á Artesanía de Galicia, concedeu este ano máis de 800.000 euros en axudas ao sector artesanal, centradas, ademais de no relevo xeracional, en impulsar a mellora da comercialización, a visualización e a presenza nos mercados. Ademais, desenvólvense cursos formativos dirixidos á especialización e ao perfeccionamento das técnicas dos artesáns galegos.

Comentarios
48 mozos e mozas participan na formación dual específica para obradoiros artesanais