O reitor visitou a instalación situada nas Somozas.

A UDC avalía colaborar con Sogarisa no ámbito da investigación do tratamento de residuos

O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, visitou as instalacións do Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, Sogarisa, que nesta nova etapa é xestionado pola UTE PMA-Conteco.

A UDC avalía colaborar con Sogarisa no ámbito da investigación do tratamento de residuos
O reitor da UDC, xunto coa vicerreitora do Campus de Ferrol e o vicerreitor de Investigación á Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, Sogarisa, en As Somozas.
O reitor da UDC, a vicerreitora do Campus de Ferrol e o vicerreitor de Investigación visitaron a Planta de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia, Sogarisa, en As Somozas.

O reitor estivo acompañado pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres, e o vicerreitor de Investigación, Salvador Naya. Por parte de Sogarisa participaron no encontro o accionista maioritario da UTE PMA-Conteco, Jacobo Campo Sáez, e o director xeral da planta, Antonio Roncero, ademais de responsables técnicos de diversos departamentos.

O obxectivo desta visita foi coñecer as instalacións dun dos complexos industriais máis importantes de Galicia, situado na área de Ferrolterra. Establecer contacto co tecido empresarial da contorna é un obxectivo prioritario para a Universidade da Coruña, sobre todo naqueles sectores que pola súa actividade técnica encaixan co perfil técnico e tecnolóxico de moitas das titulacións que se imparten nos campus da Coruña e Ferrol. De feito, nesta xuntanza ambas partes exploraron distintas fórmulas de colaboración para establecer accións conxuntas no futuro, tanto no ámbito do fomento da formación no eido do tratamento e valorización de residuos como na investigación e na relación Universidade Empresa.

Durante a súa visita, o reitor, a vicerreitora e o vicerreitor percorreron as distintas áreas das instalacións, desde os laboratorios ata a aula de formación, pasando polas distintas áreas de tratamento de residuos, finalizando na zona dos depósitos de seguridade, únicos en Galicia para residuos industriais.

O director xeral da planta explicou no transcurso desta visita que, ao tratarse dunha concesión da administración pública, o nivel de esixencia en canto a calidade e seguridade é máximo. Neste sentido, lembrou que Galicia foi no seu día pioneira a nivel estatal no eido da xestión de residuos industriais perigosos. Actualmente o centro ten capacidade para xestionar máis de 200.000 toneladas de residuo e traballa con clientes procedentes de toda España, tanto productores directos como xestores intermedios.

O reitor da UDC amosou o seu interese pola actividade que desenvolve a planta, e destacou o nivel de mantemento, hixiene, organización e equipamentos dos distintos departamentos. Ademais sinalou que se abre unha porta importante a unha nova colaboración entre a Universidade da Coruña e o mundo da empresa. Pola súa banda, o accionista maioritario da concesionaria lembrou que o punto forte que tivo sempre Sogarisa é a súa capacidade para dar respostas e solucións globais, o cal por suposto inclúe a colaboración coa principal institución adicada a potenciar a investigación como é a Universidade.

A UDC avalía colaborar con Sogarisa no ámbito da investigación do tratamento de residuos