Xuntanza da Mesa do Emprego Autónomo

O segundo Plan de rescate da Xunta estará listo en febreiro

Aconselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidiu este mércores por videoconferencia a Mesa do Emprego Autónomo de Galicia, unha xuntanza na que trasladou que a Xunta está ultimando os pagos do Plan de rescate dirixido a autónomos, microempresas e os establecementos hostaleiros pechados como consecuencia das restriccións fronte á covid.
O segundo Plan de rescate da Xunta estará listo en febreiro
13,00 h.-    A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presidirá por videoconferencia a Mesa do Emprego Autónomo. Na sala de xuntas da Consellería (3°andar). 
foto xoán crespo
20/01/2021
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na videoconferencia da Mesa do Emprego Autónomo./X.CRESPO.

A titular de Emprego e Igualdade da Xunta afirmou que se prevé que en xaneiro rematen os pagamentos e que en febreiro estea listo o segundo Plan de rescate, que volverá a incluír axudas directas aos sectores máis afectados polas novas restricións sanitarias. A Administración autonómica xa está traballando na configuración deste documento para apoiar a solvencia das empresas galegas. Así, a Xunta segue a manter un contacto fluído cos interlocutores sectoriais para perfilar os apoios, con atención especial ao sector da hostalería. O martes reuniuse coa CEG e sindicatos no marco do Diálogo social e o mércores coa Mesa do Emprego Autónomo.

Os autónomos son un colectivo prioritario para a Xunta, resaltan desde a Consellería de Emprego e Igualdade. Así, Galicia é a comunidade autónoma con maior peso do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) no total da afiliacións á Seguridade Social (23,11%) e con maior presenza da muller (42,49%). Neste último eido, a Mesa do Emprego Autónomo incorporou como novidade a representantes da Secretaría Xeral da Igualdade e da Dirección Xeral de Relacións Laborais para seguir avanzando na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres neste colectivo.

Na xuntanza, ademais, abordáronse as necesidades do colectivo en materia formativa. Así, Lorenzana indicou a importancia de adaptar a formación ás novas necesidades que está requirindo o mercado de traballo no novo contexto xerado pola pandemia.

A Consellería de Emprego e Igualdade está a elaborar un estudo de tecnoloxías emerxentes, que permita formular unha proposta de catálogo formativo dos perfís profesionais que serán necesarios a medio e longo prazo. Ademais, Lorenzana lembrou que o Goberno galego conta na actualidade cun ambicioso programa de cualificación dirixido tanto a persoas traballadoras desempregadas como ocupadas. 

Comentarios
O segundo Plan de rescate da Xunta estará listo en febreiro