Para reclamar un convenio colectivo digno

O sector do comercio de alimentación irá á folga o 23 de xuño

A manifestación celebrada este domingo en Vigo, e convocada pola CIG-Servizos, contou con varios centos de persoas traballadoras do sector que reclaman unha suba salarial e unha reducción de xornada.

O sector do comercio de alimentación irá á folga o 23 de xuño
Manifestación dos traballadores do comercio de alimentación este domingo en Vigo.
Manifestación dos traballadores do comercio de alimentación este domingo en Vigo./CIG.

Según indicou a secretaria nacional da CIG-Servizos, Transi Fernández, convocaráse unha folga no comercio de alimentación da provincia de Pontevedra no caso de non chegar a un acordo para reducir a xornada laboral e pactar unha suba salarial. Reclaman así, un convenio colectivo digno e denuncian o bloqueo das negociacións por parte do empresariado.

Ante á falta de proposta económica por parte da patronal, a central decidiu iniciar un calendario de mobilizacións que se iniciou o pasado venres día 2, cunha manifestación polas rúas de Pontevedra e que continuou este domingo 11 con outra en Vigo.

Fernández tamén sinalou que se está a negociar o convenio de Lugo, no que de momento non hai acordo, e que, polo tanto, “haberá que tomar medidas de presión máis contundentes como parar o día 23 de xuño”.

Tras o esforzo do persoal de alimentación realizado na pandemia e ser considerado un sector esencial durante a mesma, a CIG-Servizos reclama para os seus traballadores unha “suba salarial digna e unha reducción de xornada para poder conciliar e descansar”.

O sector do comercio de alimentación irá á folga o 23 de xuño