O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica crece un 2% en marzo

A recuperación da actividade económica pisa o freo

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia amosou no mes de marzo un incremento interanual do 2,0%, o que constata a reducción no ritmo da recuperación da actividade económica na nosa Comunidade iniciada en novembro do ano pasado.

A recuperación da actividade económica pisa o freo

Segundo o Foro Económico de Galicia, que elabora mensualmente este indicador, o dato do mes de marzo, ao igual que todo o primeiro trimestre do ano amosa como os atrancos motivados pola falla de subministros e a alza dos prezos nas materias primas están a pasar factura ao conxunto da economía galega.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador, ao igual que en meses anteriores continua o salientable comportamento das variables referentes ao sector turístico (viaxeiros entrados e transportes de pasaxeiros) con crecementos interanuais superiores ao 50%.  En sentido contrario, a cifra de negocios na industria sufre un retroceso salientable de máis dun 30% en termos interanuais.

A recuperación da actividade económica pisa o freo