Busca chegar a 300.000 inmobles de toda Galicia

R amplía a súa cobertura de banda longa no rural

A compañía R está a incrementar a súa cobertura de alta velocidade con ‘Internet rural’ 5G co fin de cubrir arredor de 300.000 inmobles que en Galicia, polas dificultades da orografía das súas contornas e a dispersión, non poden ter acceso á fibra óptica.

R amplía a súa cobertura de banda longa no rural
O operador R  busca chegar a 300.000 fogares no rural galego.
O operador R busca chegar a 300.000 fogares no rural galego.

Este servizo innovador, que chega xa a 76 novos concellos e un total de 224 municipios galegos das catro provincias, permite ofrecer aos clientes Internet de alta velocidade e a posibilidade, por exemplo, de conectar diversos dispositivos á vez nos seus fogares e empresas, traballar de xeito remoto ou gozar dos seus contidos de televisión coa mellor calidade.

O servizo ‘Internet rural’ fai de R o primeiro operador que dota dunha solución 5G converxente fixo e móbil a clientes sen fibra en Galicia. O obxectivo é levar esta proposta á maior parte de inmobles diseminados pola nosa xeografía en zonas de difícil acceso. Na actualidade, o 90 % da poboación galega dispón de cobertura 5G de R e está preparada para facer uso desta tecnoloxía avanzada de quinta xeración.

A nova solución fundaméntase, por unha banda, na tecnoloxía 5G, cun router que permite conseguir velocidades de ata 150 megas, e, pola outra, no sistema wifi 6, que facilita, por exemplo, unha experiencia multidispositivo excelente para conectar á vez distintos aparellos cunha latencia mínima, semellante á que terían cunha conexión de fibra.

A fibra de Rede Aberta, tamén con R no rural galego

Recentemente, R asinou un acordo con Rede Aberta, o provedor galego grosista e neutro de telecomunicacións que desprega unha rede ultrarrápida de fibra óptica por todo o territorio, co obxectivo de ampliar aínda máis a cobertura de banda longa en Galicia e levala a todos os recunchos da comunidade.

Desta maneira, ambas empresas alíñanse coa reducción da fenda dixital na comunidade, proporcionándolle ao rural de Galicia os medios necesarios para integrarse no mundo dixital.

Alfredo Ramos, director de R, sinalou que “estamos moi satisfeitos desta colaboración estratéxica con Rede Aberta, que despregou nos últimos tres anos a súa rede de fibra óptica en numerosos núcleos rurais de Galicia. Esta alianza permítenos ampliar a presenza dos servizos de R e chegar a máis fogares e empresas en todo o territorio, reforzando o noso compromiso coa transformación dixital da nosa sociedade”.

Pola súa banda, Pere Antentas, director xeral de Rede Aberta, destacou que “ con este acordo, as aldeas do ámbito rural gozarán dos servizos de R tal cal o fan na Coruña e en Vigo. É o acordo de dúas empresas que falan e pensan en galego: un río de prosperidade económica para o rural”.

En total, 200.000 inmobles de zonas rurais en 278 núcleos de poboación de 86 concellos e nas 4 provincias galegas poderán gozar dende agora dos servizos avanzados de telecomunicacións de R grazas á fibra óptica de Rede Aberta.

R amplía a súa cobertura de banda longa no rural