Concedidos 11 millóns de euros do Fondo de Transición Xusta para As Pontes e Meirama

Miñones urxe á Xunta a sinatura do protocolo de transición xusta para As Pontes

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, urxiu á Xunta de Galicia a sinatura do protocolo de transición xusta para As Pontes. Explicouno durante unha xuntanza de traballo con representantes sindicais das Pontes, na que tamén analizou a asignación de 111 millóns de euros para transición xusta na provincia da Coruña.
Miñones urxe á Xunta a sinatura do protocolo de transición xusta para As Pontes
Xuntanza do delegado do Goberno Representantes sindicais da térmica das Pontes, do sector do transporte na zona e a concelleira de Industria mantiveron hoxe unha xuntanza de traballo co delegado do Goberno e a subdelegada na Coruña
Xuntanza do delegado do Goberno con representantes sindicais da térmica das Pontes, do sector do transporte na zona e a concelleira de Industria das Pontes.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones,  lembrou que Galicia é a única comunidade que está pendente de rubricar este protocolo que permitirá materializar os convenios compensatorios dos procesos de descarbonización. O compromiso do Goberno central é total, salientan desde a Delegación do Goberno en Galicia.

O obxectivo dos convenios de transición xusta é crear emprego, garantir a actividade nas áreas afectadas e fixar poboación. Para iso buscan identificar posibles proxectos, investimentos e oportunidades de emprego que garantan a reactivación da zona, baseada nun modelo produtivo diversificado e sostible, xerando novas oportunidades.¡Implican, ademais do Ministerio para a Transición Ecolóxica, ao Ministerio de Traballo e Economía Social (con plans de formación para mellorar a empregabilidade ou a reconversión se é necesario); ás empresas e aos sindicatos, polo que só falta a Xunta. José Miñones íinsta ao Goberno galego a mostrar o seu acordo o antes posible, dado que é un paso necesario para empezar a poñer en marcha proxectos xeradores de emprego e actividade.

Precisamente foi o Ministerio para a Transición Ecolóxica o que vén de aprobar a concesión de 111 millóns de euros do Fondo de Transición Xusta para a provincia da Coruña, en concreto para As Pontes e Meirama (Cerceda).

Ademais de repasar a situación actual, o delegado do Goberno escoitou as demandas sindicais. Xunto a José Miñones estiveron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas; a concelleira de Industria das Pontes, Ana Pena; o representante do sindicato CCOO, Fernando Galego; pola CIG, Alberte Amado; por UXT, Nicasio Pena; e por parte do sector do transporte das Pontes, Manuel Bouza.

A xuntanza deste luns dá continuidade á mantida a semana pasada coa representación sindical da área de Ferrolterra.

Miñones urxe á Xunta a sinatura do protocolo de transición xusta para As Pontes