Agrupa a empresas e organismos que traballan conxuntamente

Inauguración da XIII Semana Internacional Contract Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu este mércores á inauguración, en Oleiros, da XIII Semana Internacional Contract Galicia, onde destacou o alto nivel de calidade, diferenciación e competitividade do contract galego.

Inauguración da XIII Semana Internacional Contract Galicia
María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación, durante a celebración da XIII Semana Internacional Contract Galicia.
María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía, Industria e Innovación, durante a celebración da XIII Semana Internacional Contract Galicia.

Lorenzana definiu o contract como “sector de sectores” e subliñou tanto a súa transversalidade como o espírito asociativo e de cooperación que o define, agrupando tanto a empresas como organismos e entidades que permiten abordar proxectos conxuntos con maior proxección internacional.

De feito, máis dun centenar de empresas galegas forman parte deste sector e están presentes en 100 países, con máis de 1.000 proxectos realizados en 600 cidades de todo o mundo.

No acto, a conselleira destacou que este evento aposta pola innovación e o avance no uso de materiais máis sustentables, amosando as últimas tendencias do sector en sustentabilidade, eficiencia enerxética, ecodeseño, ecoinnovación ou novos materiais.

Inauguración da XIII Semana Internacional Contract Galicia