O proxecto de Altri en Palas de Rei foi un dos temas tratados

O Foro Económico de Galicia analiza coa conselleira de Economía e Industria os principais retos para a lexislatura

O presidente do Foro Económico de Galicia, Emilio Pérez Nieto, o seu director, Santiago Lago, e outros membros da institución reuníronse, este venres en Santiago, coa conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, para abordar os principais temas que están baixo as competencias da conselleira.

O Foro Económico de Galicia analiza coa conselleira de Economía e Industria os principais retos para a lexislatura
La conselleira de Economía María Jesús Lorenzan con diversos representantes del Foro Económico de Galicia.
La conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, con diversos representantes del Foro Económico de Galicia.

Entre os asuntos que se trataron na reunión destacou a situación do sector da enerxía eólica, o futuro do proxecto de Altri na provincia de Lugo, así como os traballos de Recursos de Galicia, a empresa de capital público-privado creada para que o aproveitamento dos recursos naturais de Galicia teña unha repercusión directa na economía galega.

Outros temas que centraron o almorzo do Foro Económico foron os fondos europeos para a financiación industrial, os Pertes e de xeito particular o sector da automoción, sector clave das exportacións galegas.

Con este primeiro encontro arranca un novo formato do Foro, almorzos de carácter restrinxido con membros da entidade e con responsables públicos das políticas económicas, tanto galegas como estatais, co fin de intercambiar visións na procura de solucionar os problemas e carencias da economía pública.

Captación de investimento exterior

Neste encontro, a conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, puxo en valor a política económica do Goberno galego como activo para que Galicia estea a captar investimento estranxeiro.  Lorenzana apuntou que en 2023 Galicia se situou como a oitava comunidade autónoma que máis investimento
foráneo rexistrou, 416,3 millóns de euros,
un 132% máis que o ano anterior, cando ocupaba a décimo cuarta posición. É dicir, pasou de representar o 0,5 por cento do total nacional en 2022 ao 1,5 por cento na actualidade. En paralelo, referiuse, tamén, ao récord exportador da comunidade, que pechou 2023 por riba dos 30.000 millóns de euros.

A conselleira quixo vincular esta tendencia ao “bo clima” que o Goberno galego está tratando de xerar para o investimento empresarial, cun compromiso decidido pola
desburocratización, a aceleración de proxectos industriais, así como cun acompañamento ao tecido empresarial que a Xunta presta desde a Oficina Económica de Galicia. “A idea é clara: facilidade total”, remarcou.

Lorenzana mencionou, nesta liña, os plans directores que a Administración autonómica está a elaborar para seis sectores industriais declarados estratéxicos: metalmecánico,
automoción, construción naval, forestal-madeira, TIC e loxística; dos cales, tres, xa están en fase de consultas (naval, automoción e TIC). Xunto co mapa industrial de Galicia,
engadiu, son indispensables para por exemplo “equilibrar oferta e demanda en solo industrial”.


 

O Foro Económico de Galicia analiza coa conselleira de Economía e Industria os principais retos para a lexislatura