XII Reunión Anual do Foro Económco de Galicia

O Foro considera "determinante" a implantación da Intelixencia Artificial nas empresas galegas

A Intelixencia artificial foi o asunto central do arranque da XII Reunión anual do Foro Económico de Galicia que se celebra este xoves e venres no Parador de Muxía. Máis de 70 expertos, empresarios, académicos, xornalistas e líderes de opinión participan nesta nova edición de reflexión e discusión sobre asuntos estratéxicos para o desenvolvemento de Galicia.
O Foro considera "determinante" a implantación da Intelixencia Artificial nas empresas galegas
Expertos, empresarios e participan na reunión anual do Foro Económico de Galicia no Parador de Muxía.
Expertos, empresarios, académicos e xornalistas participan na XII Reunión anual do Foro Económico de Galicia no Parador de Muxía.

Desde o Foro Económico de Galicia considérase determinante a implantación da Intelixencia Artificial (IA) nas empresas como ferramenta básica de mellora dos seus resultados e, polo tanto, da situación económica xeral. Así, a capacidade de integración da IA xerará claras vantaxes competitivas entre as comunidades autónomas.

María Bastida, profesora da Universidade de Santiago (USC), presentou un informe sobre o “Impacto Económico da Intelixencia artificial en Galicia”, unha diagnose do estado actual da IA no tecido empresarial galego que deu a un debate posterior entre Amparo Alonso (profesora da UDC), Senén Barro (USC) e Antonio Del Corral (Cinfo)

A principal conclusión deste mapeo indica que as empresas galegas non poden considerarse líderes en IA, na gran maioría dos casos recorren a provedores externos para o desenvolvemento destas ferramentas (nove veces máis que a media do Estado) pero, ao mesmo tempo, as compañías que teñen a intención de adquirir algún tipo de tecnoloxía intelixente son máis que a media nacional.

Os expertos conclúen que en Galicia a IA está nunha fase moi incipiente e só unha porcentaxe escasa de empresas ten a capacidade para actuar como líder.

En canto ás recomendacións, os expertos destacan tres bloques de traballo: a mellora na infraestrutura, a aposta pola formación e o fomento do talento así como o reforzo das líneas de financiamento público.

Transición enerxética

Nesta primeira xornada da reunión anual do Foro Económico de Galicia, xa pola tarde, analizarase a transición enerxética, coas intervencións de Emilio Bruquetas, de Reganosa, e Arturo Gonzalo de Enagás.

O venres, a mañá estará dedicada a unha mesa de debate sobre o papel da lingua galega, “O Galego como factor diferencial”, coa participación de Xosé Luís Barreiro, Darío Villanueva, Ramón Villares, da USC, e José María Fonseca de Adegas Terras Gauda.

O Foro considera "determinante" a implantación da Intelixencia Artificial nas empresas galegas