Destaca a menor produtividade relativa do tecido produtivo galego en relación á media española

A economía galega ralentiza o seu ritmo de crecemento

Entre abril e xuño de 2023, o PIB galego medrou un 1,5% respecto ao mesmo período do ano anterior, fronte ao 0,4% na UE, e continúa a ralentización do seu ritmo de crecemento.

A economía galega ralentiza o seu ritmo de crecemento
Presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica elaborado polo Foro Económico de Galicia.
Presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica elaborado polo Foro Económico de Galicia.

Este é un dos datos que destaca o Informe de Conxuntura Socioeconómica do Foro Económico de Galicia, presentado esta mañá polos autores, Santiago Lago, Patricio Sanchéz, Francisco J. Armesto e baixo a coordinación de Fernando González Laxe e que contou ca presenza de Ana María Mejías como representante da Zona Franca.

Entre as principais economías da zona euro, España presenta as maiores taxas de crecemento interanual, cun 2,2%, o que contrasta coa contracción experimentada en Alemaña. A actividade económica en Galicia medra por riba do experimentado polos principais socios comerciais agás Portugal (2,3%).

O crecemento do PIB real en Galicia caracterízase por unha achega positiva tanto da demanda interna como externa, o que contrasta coa economía española onde a demanda externa detrae unha décima ao crecemento.

A economía española crece polo mellor comportamento do sector servizos e da industria manufactureira. En Galicia o sector da construción é o que presenta a taxa de variación interanual máis elevada, cun 3,6%, case punto e medio máis que en España (2,2%). O sector industrial galego no seu conxunto, impulsado polas actividades do sector enerxético e as industrias extractivas, presenta un incremento interanual do 1,8%, sete décimas por riba do estimado para a economía española, o que contrasta coa evolución da industria manufactureira, que medra un 1,6% en Galicia (2,3% en España). Por último, salienta a maior contracción do sector primario no conxunto do Estado, cunha caída do 1,9% fronte a 0,4% en Galicia.

Sen embargo, cómpre resaltar a menor produtividade relativa do tecido produtivo galego en relación á media española, sendo especialmente grave no caso da industria manufactureira: un 5,9% por baixo da media española.

Mercado laboral

A pesar da ralentización no ritmo de crecemento do PIB, o mercado de traballo galego presenta datos agregados positivos gracias á mellora da calidade de emprego, á redución da taxa de paro ou ao descenso do número de fogares onde todos os seus activos están en situación de desemprego.

Segundo os datos recollidos na EPA, todo o emprego creado é emprego indefinido, fundamentalmente no sector privado e no sector servizos. A pesar do descenso do número de mulleres ocupadas por conta propia, medran as empresarias sen persoas asalariadas, en tanto que entre os homes descende o número de autónomos e aumenta o de empresarios con asalariados.

No que ao desemprego se refire, malia o descenso experimentado (14,1% fronte ao 5,4% en España) as taxas de paro reflicten que este afecta en maior medida ás mulleres, persoas menores de 25 anos, estranxeiros e con estudios primarios.

Os portos como variable de crecemento

Neste informe os autores adican un apartado especial ao papel dos portos galegos, concebidos como nodos específicos que desenvolven funcións de captación e aglutinamento de mercadorías, servizos e actividades e configuran uns novos espazos económicos.

Destacan os autores que os portos da fachada atlántica nor-occidental ibérica amosan unha notable asimetría no que atinxe á súa especialización produtiva e ás súas taxas de crecemento, e como consecuencia diso os seis portos estudados rexistran escasos niveis de colaboración e de integración.

A economía galega ralentiza o seu ritmo de crecemento