Grazas a un convenio entre o Colexio e a Fundación Paideia Galiza

Descontos para os asociados do CPEIG no coworking e oficinas do CIE Mans

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e o Centro de Iniciativas Empresariais Mans (CIE Mans) da Fundación Paideia Galiza asinan un acordo de colaboración que permitirá aos colexiados acceder a estancias e alugueres no CIE Mans en condicións vantaxosas.
Descontos para os asociados do CPEIG no coworking e oficinas do CIE Mans
Centro de Iniciativas Empresariais Mans da Fundación Paideia na Coruña.
Centro de Iniciativas Empresariais Mans da Fundación Paideia, situado no Polígono de Pocomaco da Coruña.

Asinaron o convenio o presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Fernando Suárez, e o vicepresidente da Fundación Paideia Galiza, Guillermo Vergara.

Grazas a este acordo, as colexiadas e colexiados do CPEIG poderán gozar de descontos para estancias e alugueres, tanto nos servizos de coworking Mans que dispón nos seus centros de A Coruña e Padrón, como nas súas oficinas. Tamén poderán beneficiarse de descontos nas tarifas do alugueiro do Plató de Estudios Mans, un estudo de gravación para impulsar o sector audiovisual e musical en Galicia. O acordo terá unha vixencia dun ano, aínda que se poderá prorrogar automaticamente.

O CIE Mans é un espazo de coworking que busca a promoción e apoio de proxectos empresariais. Pretende ser xermolo e marco para a promoción e desenvolvemento económico, produtivo, social e cultural de sectores empresariais emerxentes e innovadores. Pon á disposición de empresarios e emprendedores un espazo cómodo e flexible nun entorno exclusivo e próximo a outras empresas que desenvolvan actividades complementarias. Os seus obxectivos son fomentar o intercambio de información e experiencias entre os emprendedores e facilitar o desenvolvemento do tecido empresarial en Galicia apoiando á innovación nos distintos proxectos empresariais e contribuíndo á creación de emprego en sectores innovadores, diferenciados e estratéxicos.

Descontos para os asociados do CPEIG no coworking e oficinas do CIE Mans