Destinará 42M€ do Plan Único para que os concellos fagan o propio

A Deputación da Coruña habilitará unha partida para actualizar os prezos das obras públicas

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, protagonizou o último o almorzo informativo do foro "Horizonte do sector: afrontando novos retos" organizado pola Asociación Provincial de Empresarios da Construción (Apecco).
A Deputación da Coruña habilitará unha partida para actualizar os prezos das obras públicas
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, no foro de Apecco.
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, no foro de Apecco./WEB DEPUTACIÓN.

Valentín González Formoso destacou "o investimento histórico" da administración provincial en obra pública, con 3.500 obras aprobadas no último lustro, que fan da Deputación da Coruña o maior axente investidor da provincia.

Aínda, así dixo ser consciente da difícil situación que atravesa "un sector estratéxico, que representa o 6,5 % do PIB galego e sostén preto de 78.000 empregos" debido á alza de prezos de combustibles e materiais de construción, como consecuencia da pandemia e da guerra de Ucraína, que propiciou incrementos de entorno ao 30% na custe das obras.

Para axudar a solucionar este problema, Formoso anunciou que a Deputación "acordará este mes permitir que os municipios da provincia poidan destinar ata 42 millóns de euros dos fondos do Plan Único para dedicalos a esa obriga legal de actualizar os prezos das obras públicas en licitación ou adxudicadas desde o 2021 ao 2023".

Ademais, segundo indicou Formoso, a Deputación da Coruña tamén habilitará unha partida económica para as obras propias, como as da rede provincial de estradas, todo isto "co obxectivo de evitar que a escalada de prezos acabe paralizando as obras públicas e afectando ao emprego e a recuperación económica".

"O sector da construción está chamado a ter un papel protagonista no proceso de recuperación no que nos atopamos inmersos", apuntou o presidente, que considerou que "é a nosa responsabilidade como administración pública traballar para buscar solucións a esta problemática".

O presidente de Apecco, Diego Vázquez Reino, agradeceu e amosou a satisfacción ante a medida anunciada por Formoso. "Que haxa este compromiso por parte da Deputación é unha moi boa nova para os compañeiros do sector". Vázquez subliñou que "medidas coma esta van ser pioneiras", indicando que non viu outra parecida a esta na administración local.

Durante o coloquio, o presidente agradeceu á directiva de Apecco "que teña a sensibilidade e estea en contacto permanente con nós para informarnos de como está o sector".

A Deputación da Coruña habilitará unha partida para actualizar os prezos das obras públicas