Recollen a suba do 9,8 % esixida polo sindicato

CCOO asina as táboas salariais do convenio da limpeza da Coruña

A Federación de CCOO do Hábitat asinou este martes na Coruña as táboas salariais do convenio provincial da limpeza, que recollen unha suba do 9,8 %, tal como esixía este sindicato.
CCOO asina as táboas salariais do convenio da limpeza da Coruña
Delegadas e delegados de Comisións Obreiras congregáronse na praza
coruñesa de Luís Seoane para celebrar que finalmente o resto de sindicatos e a propia patronal asumisen
as teses defendidas por esta organización.
Delegados de Comisións Obreiras congregáronse na Coruña para celebrar que o resto de sindicatos e a patronal asumisen as teses defendidas por esta organización.

Delegadas e delegados de Comisións Obreiras congregáronse na praza coruñesa de Luís Seoane para celebrar que finalmente o resto de sindicatos e a propia patronal asumisen as teses defendidas por esta organización. O incremento salarial, xunto co pagamento dos atrasos correspondentes, deberase facer o máis tardar o vindeiro 31 de xullo, explican desde CCOO-Hábitat.

CCOO-Hábitat defendeu en todo momento que, conforme recollía o convenio, os salarios debían revalorizarse para afrontar a suba do IPC e que era a comisión paritaria (composta polos sindicatos e a parte empresarial) a encargada de aprobar as novas táboas salariais.

Pola contra, os sindicatos UGT e CIG estaban dispostos a prorratear en varias anualidades a suba que lles correspondía aos traballadores e traballadoras do sector, unha postura "inaceptable" para CCOO.

Finalmente, e tras presentar Comisións un informe xurídico avalando a potestade da comisión paritaria, chegouse a un acordo para o asinamento das novas táboas, que recollen a revalorización do 9,8 % reivindicada por CCOO. Para este sindicato tamén foi "determinante" no cambio de parecer das empresas a campaña informativa iniciada hai varias semanas, con cartas dirixidas aos seus principais clientes en que se advertía da súa responsabilidade se non se producían os incrementos acordados no convenio.

CCOO asina as táboas salariais do convenio da limpeza da Coruña