Continuidade das iniciativas de emprendemento

A Xunta destinará 6 millóns de euros a impulsar iniciativas emprendedoras

A nova liña de subvencións coa que a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoiará novas iniciativas no traballo autónomo, de pequenas e medianas
empresas e entidades da economía social conta cun orzamento de 6 millóns de euros.

 

A Xunta destinará 6 millóns de euros a impulsar iniciativas emprendedoras
As axudas financiarán investimentos realizados en equipamento informático, mobles ou reformas de locais, e contratación de persoas desempregadas./ Louisehoffmann83 en Pixabay.
As axudas financiarán investimentos realizados en equipamento informático, mobles ou reformas de locais, e contratación de persoas desempregadas./ Louisehoffmann83 en Pixabay.

As axudas, publicadas este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG), buscan apoiar tanto investimentos como contratacións de persoas desempregadas no marco das iniciativas emprendedoras.

No primeiro caso, a administración autonómica financiará investimentos realizados en equipamento informático, mobles ou reformas de locais, entre outros, con achegas de entre 6.000 e 90.000 euros en función do capital destinado e a apartir dun mínimo de 10.000 euros.

No segundo, incentivaráse a contratación de persoas en situación de desemprego con achegas de ata 6.000 euros por cada contratación. Neste caso, as persoas han de estar inscritas como demandantes de emprego no servizo público e tense que formalizar un contrato inicial indefinido a tempo completo, ou un de carácter fixo- descontinuo durante un mínimo de 9 meses a xornada completa entre o 1 de xaneiro de e o 31 de outubro de 2024.

Ambas as dúas liñas son complementarias polo que as entidades beneficiarias tamén poden optar aos incentivos ao emprego. Este programa de axudas súmase ao catálogo de apoios aprobados este ano pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade no eido do emprendemento. A publicada este luns, conta cun orzamento de 6 millóns de euros para o período 2023-2024.

Con esta medida, o Goberno galego quere favorecer a continuidade e consolidación de iniciativas de emprendemento cunha antigüidade máxima de 42 meses; é dicir, as que xa teñan superado os tres primeiros anos de traxectoria. Desta maneira, segue a prestar apoio á consolidación de actividades económicas que contribúan á diversificación económica de Galicia, á creación de emprego de calidade, á sustentabilidade e ao equilibrio territorial.

Prioridades da convocatoria

Nesta convocatoria priorizaranse actividades con encaixe no sector industrial, da transformación e/ou comercialización de produtos, servizos do ámbito da economía e dos coidados (garderías, coidado de anciáns, de persoas con discapacidade, granxas escola…) ou da formación para o emprego en sectores prioritarios. Tamén recibirán maior valoración as iniciativas con base tecnolóxica, ou de especialización intelixente, as da economía social, as radicadas en contornas rurais, e as que destaquen polo seu compromiso coa igualdade e a presenza de mulleres e polo emprego xerado.

O período para tramitar estas axudas estará aberto dende este luns ata o vindeiro 17 de agosto.

A Xunta destinará 6 millóns de euros a impulsar iniciativas emprendedoras