Ata 9.000 euros para financiar medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo

A Xunta destina 1,4 millóns de euros a promover a igualdade laboral, a conciliación e a RSE

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado martes 6 de febreiro unha nova convocatoria destes apoios da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade coa que se pretende beneficiar a unhas 250 empresas.

A Xunta destina 1,4 millóns de euros a promover a igualdade laboral, a conciliación e a RSE
As axudas da Xunta  promoverán medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo.
As axudas da Xunta promoverán medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo.

Este programa de axudas está estruturado en tres liñas: unha primeira, para fomentar a elaboración e posta en de plans de igualdade e que conta cun orzamento de 250.000 euros; unha segunda, para a implantación de medidas de conciliación, teletraballo e flexibilidade horaria, dotada con 1,05 millóns de euros; e unha terceira, na que se investirán 100.000 euros, para que as empresas poidan optar a certificacións en materia de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) que recoñezan as súas boas prácticas.

Para a elaboración de plans de igualdade, a Xunta prevé apoios, que se bareman en función do tamaño da empresa e dos cadros de persoal, que poden chegar ata 22.000 euros no caso de ter máis de 20 persoas empregadas e que se destinarán á contratación dunha persoa experta en igualdade.

Por outra banda, o apoio á conciliación da vida laboral, familiar e persoal realizarase con incentivos para o fomento do teletraballo (2.000 euros por traballador, cun máximo de 8.000 euros por empresa) e a flexibilidade horaria (8.000 euros por firma). Estes apoios incrementaranse en 1.000 euros para profesionais ou empresas nas que a taxa de ocupación feminina sexa polo menos igual á masculina.

Neste caso, tamén se inclúen as axudas destinadas á adquisición de elementos tecnolóxicos que posibiliten a implantación efectiva do traballo a distancia, coas que se financiará ata o 80% do investimento con tope de 1.500 euros por empregado e co límite máximo por empresa situado nos 20.000 euros.

Finalmente, o apoio ás empresas e ao traballo autónomo na obtención de normas ou estándares en Responsabilidade Social Empresarial (RSE) financiarase ata o 80% dos custes do proceso de certificación e/ou verificación, cun máximo de 2.000 euros por entidade.

O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 6 de marzo.

A Xunta destina 1,4 millóns de euros a promover a igualdade laboral, a conciliación e a RSE