Ata 55.000 euros por entidade
A Xunta apoia con axudas a actividade das asociacións de autónomos
![11,00 h.- A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, manterá unha xuntanza por videoconferencia cos representantes da mesa do Diálogo Social. Na sala de xuntas da Consellería. No edificio administrativo de San Lázaro (terceiro andar
foto xoán crespo
09/02/2021](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/economiaengalicia/images/2021/02/09/2021020918284374839.jpg)
Poderase financiar ata o 90% dos gastos subvencionables, polo que o 10 % restante correrá por conta da entidade beneficiaria. A contía máxima da axuda non poderá exceder a cantidade de 55.000 euros.
Esta medida sumarase a outras iniciativas que se convocarán proximamente para axudar ás persoas traballadoras por conta propia e que en global -incluída esta orde de axudas ao asociacionismo- supoñen un investimento de preto de 20 millóns de euros. En concreto, ademais deste programa que se publica este xoves no DOG, activaranse o Bono Autónomo, axudas para a promoción do emprego autónomo coas que se apoia o inicio de actividade; as destinadas a impulsar a contratación indefinida de persoas asalariadas, do primeiro, segundo e terceiro traballador; e os incentivos á consolidación de pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica.
Ademais, aínda se poden solicitar os apoios do terceiro Plan de rescate, que conta cun orzamento de 234,4 millóns de euros.