Poden presentarse proxectos para investimentos produtivos e non produtivos

A última convocatoria de axudas do GALP Ría de Vigo-A Guarda remata a final de mes

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo-A Guarda anima ás persoas emprendedoras dos concellos da súa área de influencia a solicitar as liñas de axudas que proveñen da Consellería do Mar e do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e que canaliza esta entidade.
A última convocatoria de axudas do GALP Ría de Vigo-A Guarda remata a final de mes
Las organizaciones empresariales reclaman que se tenga en cuenta las singularidades de la costa gallega. En la imagen, ría de Vigo./rosenmascara en Pixabay.
O GALP da Ría de Vigo-A Guarda anima os emprendedores da súa área a solicitar as axudas FEMP 2014-2022./rosenmascara en Pixabay.

Esta é a última convocatoria de axudas FEMP 2014-2022 e o prazo de presentación está aberto ata o 28 de febreiro. Estes fondos que contribúen a mellorar e dinamizar o tecido socioeconómico potenciando as actividades relacionadas coa pesca.

Os proxectos que se presenten poden ser de dous tipos: para investimentos produtivos e para investimentos non produtivos. Os produtivos son aqueles que supoñen a realización dunha actividades económica e nos que se producen bens ou servizos e supoñen a creación ou mantemento de emprego. Os proxectos non produtivos non supoñen o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica e teñan carácter de interese público. Deberán ter orixe nunha persoa emprendedora da (Cangas, Moaña, Vilaboa, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Baiona, Oia, O Rosal e A Guarda)

Unha das condicións para que os proxectos presentados opten á axuda é que encaixen dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Ría de Vigo-A Guarda que centra os seus obxectivos, entre outras cuestións, na mellora da competitividade do sector pesqueiro, a creación de emprego e atracción da mocidade, o aumento do valor engadido dos produtos pesqueiros, a innovación en tódalas fases da cadea de subministro dos produtos pesqueiros (produción, comercialización e distribución), e en actuar como garante dunha actividade sostible que promova o uso eficiente dos recursos biolóxicos mariños.

 As persoas interesadas poden solicitar información sobre a tramitación destas axudas no GALP Ría de Vigo-A Guarda.

A última convocatoria de axudas do GALP Ría de Vigo-A Guarda remata a final de mes