A previsión é apoiar 60 plans de deseño e innovación

O próximo luns, último día para solicitar as axudas de InnovaPeme e DeseñaPeme

O luns 14 de agosto pecha a actual convocatoria conxunta dos programas de axuda InnovaPeme e DeseñaPeme da Consellería de Economía, Industria e Innovación, que destinan 4,5 millóns de euros para impulsar a innovación e o deseño nas pequenas e medianas empresas galegas.

O próximo luns, último día para solicitar as axudas de InnovaPeme e DeseñaPeme
InnovaPeme financiará estudios de nuevos productos o servicios innovadores.
DeseñaPeme e InnovaPeme subvencionarán plans de deseño de produtos ou servizos e plans de innovación.

Os dous programas, InnovaPeme e DeseñaPeme, convócanse neste 2023 de xeito conxunto para dar resposta ás necesidades das pemes, especialmente aquelas menos innovadoras de sectores máis tradicionais, abranguendo dous tipos de plans: plans de deseño que inciden no deseño de produto, de servizos e experiencias ou de marca e identidade corporativa e plans de innovación centrados en actividades, procesos ou en organización.

O obxectivo desta iniciativa da Consellería de Economía, Industria e Innovación é apoiar 60 plans de deseño e innovación cunha intensidade da axuda do 50%, conseguindo así unha mobilización de 9 millóns de euros. Entre as novidades, inclúense como beneficiarias as entidades do terceiro sector social sen ánimo de lucro así como as empresas TIC, fináncianse os custos indirectos e incorpórase como requisito realizar actividades de difusión para chegar mellor á sociedade e servir de exemplo para outras compañías.

O orzamento subvencionable deberá estar entre os 50.000 e os 150.000 euros por cada plan, de xeito que unha mesma peme que se presente ás dúas convocatorias poderá investir ata 300.000 euros. As axudas outorgaranse mediante o procedemento de concorrencia competitiva.

Estes programas teñen por obxectivo promover unha cultura de innovación continua e sistemática nas pemes galegas, incrementar o número de empresas que teñen a consideración de innovadoras, aumentar a súa competitividade, potenciar a colaboración das pequenas e medianas compañías co resto de axentes do ecosistema, favorecer a comercialización de resultados da I+D+i, incluír paulatinamente a innovación de procesos e organización no tecido empresarial galego e aumentar o seu gasto en I+D e actividades innovadoras.

Desde a súa posta en marcha, InnovaPeme e DeseñaPeme permitiron impulsar 246 actuacións cun investimento público-privado próximo aos 40 millóns de euros.

O próximo luns, último día para solicitar as axudas de InnovaPeme e DeseñaPeme