Prevense achegas máximas de ata 8.000 euros

Os novos autónomos poden solicitar xa as axudas de cota cero

A Xunta de Galicia abre este martes o prazo de solicitude das axudas á promoción do emprego autónomo, dotadas con 28,9 millóns de euros, nos que se inclúe unha partida de 9,6 millóns de euros para financiar ao 100% a cota reducida dos novos autónomos durante os 12 primeiros meses de actividade.

Os novos autónomos poden solicitar xa as axudas de cota cero
O prazo para solicitar as axudas para fomentar o emprego autónomo estará aberto ata o 24 de setembro.
O prazo para solicitar as axudas para fomentar o emprego autónomo estará aberto ata o 30 de setembro.

Poden beneficiarse desta liña de axudas as persoas que cursen alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 30 de setembro de 2023 e o 29 de setembro de 2024.

As axudas estrutúranse en dúas liñas: unha primeira, para impulsar o inicio da actividade e o mantemento de emprego dos autónomos, e a segunda, coa que se garante a cota cero durante doce meses de actividade.

Detalles da convocatoria

Para optaren á primeira das liñas, as persoas beneficiarias deben estar inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos, carecendo de ocupación efectiva na data de inicio da actividade. Asemesmo, deberán contar con domicilio fiscal en Galicia e non ter altas rexistradas como autónomos nos tres anos anteriores.

Nestes casos, as contías van dos 2.000 euros básicos ata os 4.000 no caso de que se trate de menores de 30 anos, parados de longa duración, con discapacidade ou en situación de dependencia, en exclusión social, emigrantes retornados e estranxeiros ou maiores de 52 anos. Haberá un incremento extra do 15% se a autónoma é muller ou o centro de traballo está no rural, entre outros supostos.

Para acceder á liña que garante a financiación íntegra da cota durante os doce primeiros meses, os autónomos deberán ser beneficiarios da cota reducida no momento de presentación da solicitude. A contía neste caso ascende a 960 euros, o equivalente ao pagamento do importe mensual reducido multiplicado polos 12 primeiros meses de alta.

Ao se tratar de dúas liñas compatibles, as achegas máximas previstas rozarán os 8.000 euros para persoas desempregadas que inicien a súa actividade profesional en Galicia como traballadoras autónomas.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2024.

Os novos autónomos poden solicitar xa as axudas de cota cero