Para accións de difusión exterior dos produtos e empresas galegas

Nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou a nova convocatoria de dúas liñas de axudas do Igape -Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios- para promover a internacionalización de pemes e autónomos galegos. “Serán 3 millóns de euros para costear accións realizadas ao longo deste ano 2023”, explicou.
Nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios
Empresas gallegas y organismos intermedios tendrán ayudas para su participación en ferias internacionales, entre otras acciones.
Empresas, clústeres, asociacións empresariais e consellos reguladores poden solicitar as axudas de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios, para a súa promoción no exterior.

As axudas de Galicia Exporta Empresas e Galicia Exporta Organismos Intermedios van dirixidas tanto a empresas como a clústeres, asociacións empresariais ou consellos reguladores. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou que o obxectivo é que as empresas galegas sigan exportando e “abríndose a novos mercados”. Nesta liña, destacou que nos primeiros sete meses de 2023 bateuse un novo récord de exportacións ao chegar “a cifra histórica de 17.374 millóns de euros”.

Para iso as axudas buscan impulsar actividades “de difusión no exterior” coma campaña publicitarias e a participación en feiras internacionais así como a accións específicas “para aumentar as exportacións e adaptar os produtos as demandas dos países” onde se van vender.

As axudas, que se poderán solicitar durante un mes desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, cobren as actuacións que se celebren desde o 1 de xaneiro de 2023 e ata o 15 de decembro de 2023. O apoio máximo por solicitude e beneficiario chega, no caso do Galicia Exporta Empresas, ata os 95.000 euros e no de Organismos Intermedios, aos 400.000.

O obxectivo destas liñas, impulsadas pola Consellería de Economía, Industria e Innovación, a través do Igape, e no marco da Estratexia de Internacionalización, é apoiar a saída ao exterior do tecido empresarial galego, especialmente de pemes e establecementos comerciais, a través de novas canles de comercialización.

Galicia Exporta Dixital, proximamente

Un marco no cal tamén se activará proximamente unha nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital, pois o desenvolvemento das tecnoloxías dixitais supón un enorme potencial para a mellora da competitividade nos mercados internacionais no actual contexto económico. O obxectivo é permitir ás empresas apoiarse en ferramentas innovadoras para acceder aos mercados exteriores.

Neste sentido, tal e como destacou o presidente desde a posta en marcha do Galicia Exporta Empresas, no ano 2016, “téñense apoiado preto de 1.500 plans de promoción internacional”, con accións de difusión, e asistencia a feiras ou prospección de novos mercados, cunha media de participación de máis de 240 empresas ao ano, o que supuxo unha axuda total ata a data de 30,5 millóns de euros.

Cifras ás que se suman os máis de 8,7 millóns de euros e 165 iniciativas promovidas a través do Galicia Exporta Organismos Intermedios. Pola súa banda, o Galicia Exporta Dixital ten beneficiado xa a máis de 400 empresas por importe de máis de 14 millóns,

Nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas e Organismos Intermedios