Proceden de Cangas, Vilaboa, Vigo, Baiona e A Guarda

Mar aproba 400.000 euros en axudas para sete proxectos ligados ao mar

A Consellería do Mar vén de resolver a segunda convocatoria de axudas do ano 2021, pola que se aproban as subvencións, por un importe total de 400.000 euros para sete proxectos asesorados polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) da Ría de Vigo - A Guarda.
Mar aproba 400.000 euros en axudas para sete proxectos ligados ao mar
A empresa  H.Q. Seaweed S.L., polo que introduciron novos procesos para a produción, comercialización e distribución de algas mariñas galegas.
A empresa H.Q. Seaweed é unha das beneficiarias das axudas.

O GALP Ría de Vigo-A Guarda promove o desenvolvemento de proxectos e actuacións destinados a conseguir un desenvolvemento equilibrado, sostible e integrador da súa zona marítima de influencia para beneficio do conxunto da poboación, fornecendo a presenza do sector pesqueiro en termos económicos e de emprego, respectando e preservando o medio natural e o patrimonio cultural e cunha participación real e efectiva de axentes e poboación do territorio.

A contía das axudas supera os 400.000 euros e supoñen entre o 90% e o 100% do financiamento dos proxectos non produtivos e entre 40% e o 50% dos produtivos.

Proxectos produtivos subvencionados

No tocante aos proxectos produtivos, atopamos o de Gandón, S.A., en Cangas, que busca mellorar as condicións de seguridade e sostibilidade desta empresa armadora co obxectivo de mellorar a produtividade, reducir os desprazamentos e facer unha aposta pola economía circular. Como iniciativa vinculada ao ámbito turístico, está a de Diferent Charter Galicia S.A., en Baiona, que quere instalar un barco chárter no porto de Baiona para a realización de rutas turísticas pola ría. E por último, H.Q. Seaweed, en Vigo, continúa a impulsar as súas algas deshidratadas cun proxecto innovador que poña en valor os produtos do mar. Agora, os promotores dos proxectos contarán cuns días para decidir se aceptan as axudas e emprenden a posta en marcha das súas iniciativas.

Proxectos non produtivos apoiados

Nos proxectos non produtivos sitúanse iniciativas como a do Concello de Vilaboa que busca rehabilitar, acondicionar e poñer en valor o Forno do Cal e a súa contorna en Punta Travesada; ou a da Confraría de Pescadores San Xosé de Cangas, centrada na revalorización dos produtos que extraen as embarcación que comercializan estas capturas a través da lonxa de Cangas. A Confraría de pescadores San Francisco de Vigo aposta tamén por novos proxectos como este no que traballarán por mellorar a gobernanza dos recursos pesqueiros, marítimos e sociais, mediante o estímulo á  participación dos seus membros nos órganos de goberno. Pola súa banda, a Asociación San Xerome Emiliani, na Guarda, centra a súa iniciativa no fomento da empregabilidade e a inclusión sociolaboral de persoas mozas con discapacidade a través da formación e a capacitación en proxectos de economía circular como a reparación de envases plásticos, utilización destes envases para a recollida de residuos, utilización de refugallos para mobiliario portuario ou filamento para impresoras 3D.

Mar aproba 400.000 euros en axudas para sete proxectos ligados ao mar