Cunha axuda máxima de 6.000 euros

O Bono Enerxía Peme financiará actuacións de eficiencia enerxética a empresas e autónomos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria do programa Bono Enerxía Peme que abrirá este mércores 6 de abril o prazo para que pemes e autónomos poidan mellorar o aforro e a eficiencia enerxética dos seus negocios.
O Bono Enerxía Peme financiará actuacións de eficiencia enerxética a empresas e autónomos
O bono permitirá a comerciantes e hostaleiros renovar eequipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras.
O bono permitirá a comerciantes e hostaleiros renovar eequipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras.

As axudas do Bono Enerxía Peme, que foran establecidas o ano pasado para reactivar a economía pola crise da covid-19, volven convocarse dentro do Plan de choque da Xunta de Galicia para facer fronte á actual carestía dos productos enerxéticos e a situación de inflación.

A convocatoria, de concorrencia competitiva, estará aberta ata o 14 de xullo ou ata que se esgote o crédito destinado a este programa, que ascende a dous millóns de euros. Poden solicitar estas axudas, de tramitación electrónica, empresarios e autónomos con actividades no eido do comercio, a hostalería, artístico-recreativa e outros servizos.

O Bono Enerxía Peme cobre o 80% do custo elixible da actuación ata un máximo de 6.000 euros por solicitude. Apoiarase a instalación de elementos de control solar como toldos ou láminas de control solar ou térmico de cor branca, negra e variantes; a renovación de equipamentos de iluminación interior ou exterior, incluídos rótulos, por outros que utilicen tecnoloxía led; a mellora de eficiencia enerxética en instalacións eléctricas que garantan unha subministración con calidade e fiabilidade; a renovación de equipamento consumidor de enerxía como cafeteiras, lavalouzas, lavadoras ou secadoras, entre outros; a instalación de aparellos que permitan reducir o consumo de enerxía das instalacións de climatización, ventilación e auga quente sanitaria; ou sistemas domóticos ou inmóticos para a xestión da enerxía e un gasto máis eficiente.

O Bono Enerxía Peme financiará actuacións de eficiencia enerxética a empresas e autónomos