A nova política agraria inclúe novos conceptos como os ecorreximes ou a condicionalidade reforzada

Os GDR de Galicia dedican unha xornada ás claves da nova PAC

A asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia organizou este luns en Sergude (Boqueixón, A Coruña) unha xornada formativa sobre os cambios e as novas medidas da PAC 2023-2027 que supón unha modificación na xestión das axudas, na redistribución de territorios e no que se inclúen novas prácticas medioambientais e climáticas. 

Os GDR de Galicia dedican unha xornada ás claves da nova PAC
Edelmiro López, na xornada divulgativa sobre a nova PAC.
Edelmiro López, na xornada divulgativa sobre a nova PAC.

A primeira das intervención, impartida polo profesor da USC Edelmiro López, centrouse en coñecer as claves deste reforma que aposta por una nova arquitectura verde basada nas condicións medioambientais  e de clima que deberán cumplir os agricultores e gandeiros e na que aparecen novas medidas para recibir as axudas. Entre as noviddades, está a planificación estratéxica orientada á consecución de resultados co obxectivo de fomentar unha producción máis innovadora e competitiva, de calidade e fortalecendo o entorno rural.

Segundo explica, López, “a nova arquitectura medioambiental deste periodo ademáis dos requisitos anteriores, como o pago verde ou o greening,  inclúen novos conceptos como os ecorréximes ou a condicionalidade reforzada”. Neste sentido, sinalou que a condicionalidade reforzada afectará ás axudas directas e nas que se priman unha serie de prácticas en diferentes materias que deben cumplir as explotación agrarias.  

No relativo á nova figura, ecorréximes, das que se crearon nove en toda España, vai permitir que os agricultores e gandeiros poidan poñer en marcha prácticas en función da tipoloxía de terreo para incrementar as axudas que reciban da PAC. Ademais “as novas prácticas poden ser atractivas para dar visibilidade a instrumentos como o banco de terras ou os polígonos agroforestais que xestionan os GDR”.

Investimentos financiables coa PAC

Na segunda intervención do enxeñeiro agrónomo Francisco Ónega, a temática estivo dirixido aos investimentos e accións que se poderán financiar a través da nova política agraria común. Neste sentido revisáronse as 33 fichas de intervención para os investimentos en servizos e proxectos rurais e que se toman como base para as próximas convocatorias de axudas que se publiquen no DOG. Algunhas destas novas áreas de desenvolvemento pretenden dar máis visibilidade e apostar por ferramentas que xa están en funcionamento como son as aldeas modelo ou os polígonos agroforestais e impulsado as intervencións no ámbito do emprendemento rural e diversificación do actividades empresariais.

A  nova PAC 2023-2027 tamén trae consigo o sistema AKIS, liñas de axudas para impulsar ámbitos relacionados directamente co fomento da innovación agrícola como son a formación e a inversión en asesores agrarios tanto públicos como privados, e a transferencia de coñecemento a través de grupos operativos e de cooperación. 

Os GDR de Galicia dedican unha xornada ás claves da nova PAC