Novas datas: do 12 ao 14 de maio, en Tomiño

A Feira de Cultivos do Baixo Miño presentará as novidades dos sectores da planta, froita, flor e horta

A Feira de Cultivos do Baixo Miño regresa a Tomiño apraza a súa 18ª edición aos días 12, 13 e 14 de maio, ante as previsións de mal tempo previstas para esta semana. Organizada de forma conxunta pola Asociación de Cultivos do Baixo Miño e o Concello de Tomiño, a feira estrea ubicación ao aire libre, onde se presentarán as principais novidades dos sectores da planta, froita, flor, horta e suministros.

A Feira de Cultivos do Baixo Miño presentará as novidades dos sectores da planta, froita, flor e horta
A Feira de Cultivos do Baixo Miño regresa a Tomiño do 5 ao 7 de maio./GUSTAVO RIVAS.
A Feira de Cultivos do Baixo Miño regresa a Tomiño do 5 ao 7 de maio./GUSTAVO RIVAS.

A XVIII Feira de Cultivos do Baixo Miño celebrarase na renovada Praza Pintor Antonio Fernández de Goián, “un espazo ao aire libre que brinda un ambiente acolledor e único para o público. “As necesidades e prioridades da sociedade van mudando, sobre todo despois de tres anos de pandemia. Por iso sabiamos que era o momento de repensar a feira, de evolucionar e ofrecer novas propostas e actividades que permitirán ás persoas participantes gozar dunha experiencia única e enriquecedora”, salienta a presidenta de Asociación de Cultivos do Baixo Miño  (acuBam), Mariví Álvarez.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, resaltou que “este ano estamos máis ilusionados e ilusionadas para poder retomar a celebración e reunirnos novamente nun ambiente festivo e produtivo. Temos moitas ganas de poder desfrutar dunha feira moito máis participativa, dinámica, aberta e lúdica para profesionais e veciñanza, unha feira na que reencontrarnos e na que tamén coñecer de primeira man os últimos avances e tendencias do sector agrícola da comarca”.

A nova edición da Feira de Cultivos contará con importantes novidades, como charlas e talleres, zona de expositores, un espazo destinado a tenda aberta ao público, exposicións ou un Mercado de Primavera que contará coa presenza de produtores, artesáns e comerciantes. Durante tres días a feira ofrecerá un amplo programa de actividades sen renunciar á promoción comercial, coa organización dunha misión comercial inversa reforzada por outra adicional prevista para outono deste mesmo ano.  

A Feira de Cultivos do Baixo Miño presentará as novidades dos sectores da planta, froita, flor e horta