Busca fortalecer o sector, mellorar a competitividade e impulsar a innovación, entre outras

A Xunta pon en marcha o deseño do plan director da industria metalmecánica

O secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, mantivo unha reunión co secretario xeral da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), Enrique Mallón, para comezar os traballos de elaboración do plan director da industria metalmecánica.

A Xunta pon en marcha o deseño do plan director da industria metalmecánica
Reunión do secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez,  con representantes de Asime.
Reunión do secretario xeral de Industria, Nicolás Vázquez, con representantes de Asime.

Este sector é un dos sectores declarados estratéxicos pola Xunta de Galicia xunto coa industria da automoción, a construción naval, o sector forestal-madeira, a industria das TIC e a da loxística, algúns dos cales tamén contarán con participación de Asime na elaboración dos seus plans directores específicos.

A posta en marcha da elaboración deste plan terá como primeiro fito unha consulta pública, a través do portal de transparencia e goberno aberto, para solicitar a opinión da cidadanía e das organizacións e asociacións máis representativas.

O plan contará con medidas, mecanismos e medios necesarios para , mellorar a competitividade, fomentar a súa internacionalización e sustentabilidade, impulsar a innovación industrial, incrementar o emprego industrial e estimular a captación de investimento.

Na súa elaboración tamén participará o sector privado, representantes dos traballadores e resto de axentes implicados, e para a súa aprobación por parte do Consello da Xunta de Galicia será necesario o informe do Consello Galego de Economía e Competitividade.

Coa elaboración do plan da industria metalmecánica e, tras a posta en marcha nas últimas semanas dos traballos para elaborar os plans directores dos outros sectores estratéxicos, a Xunta busca facilitar o proceso de adaptación e transformación enerxética e dixital da industria galega.

A Xunta pon en marcha o deseño do plan director da industria metalmecánica