A manifestación deste martes concluirá no Ifevi

Nova xornada de folga polo convenio do metal de Pontevedra

Non houbo acordo na xuntanza da comisión negociadora do novo convenio colectivo do sector do metal pontevedrés, celebrada este luns a petición da parte empresarial. En consecuencia, a parte sindical mantén a xornada de folga para este martes, que incluirá unha manifestación coincidindo coa inauguración de Mindtech en Vigo. 
Nova xornada de folga polo convenio do metal de Pontevedra

A xornada reivindicativa iniciarase a primeira hora da mañá diante das empresas do secort, para posteriormente desprazarse até os dous puntos dende os que ás 9:30 horas arrincarán as columnas que confluirán no Ifevi: a empresa Panelfa e o pavillón Loureiro, nos arredores do recinto feiral vigués. Na manifestación participarán ademais traballadores chegados tanto de Pontevedra como das comarca do Salnés e do Deza.

A folga segue adiante unha vez rematou sen acordo a xuntanza celebrada este luns por iniciativa das patronais tras o éxito da primeira xornada de folga celebrada o pasado xoves día 15 e que supuxo a paralización do sector, con especial incidencia no naval. O encontro  pechouse sen acordo pola negativa do empresariado a manter a cláusula de revisión salarial conforme ao IPC real, reducir a xornada anual en máis de oito horas e garantir a subrogación do persoal entre empresas privadas, segundo informaron as centrais sindicais. 

O secretario comarcal da CIG-Industria de Vigo, Xulio Fernández, incide en que estas tres cuestións “son esenciais” á hora de asinar un acordo que permita desbloquear o conflito. Neste senso, lembra que no caso de que a patronal “non reconsidere a súa posición e achegue unhas propostas que permitan dignificar as condicións laborais das persoas traballadoras do sector” desenvolveranse dúas novas xornadas de folga, previstas para o xoves 22 e para o mércores 28. 

Nova xornada de folga polo convenio do metal de Pontevedra