A ratio máis baixa desde o ano 2012

Galicia reduce a súa ratio débeda/PIB ao 16,1%

A Comunidade Autónoma de Galicia reduciu a súa ratio débeda/PIB ata o 16,1% o ano pasado, a máis baixa desde o ano 2012 segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondente a este período publicado polo Banco de España.

Galicia reduce a súa ratio débeda/PIB ao 16,1%
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos./XUNTA. CEDIDA.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos./XUNTA. CEDIDA.

Ao peche de 2023, Galicia a quinta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB. Ademais, a Comunidade galega ten un diferencial coa media autonómica 6,1 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades que se situou ao peche do cuarto trimestre en 22,2%.

A débeda por habitante sitúase na comunidade galega nos 4.507 euros fronte aos 6.747 euros da media de comunidades, co que cada galego debe hoxe 2.240 euros menos que a media autonómica.

Segundo destaca a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Banco de España ratifica ademais que Galicia é a comunidade autónoma con menor aumento de volume de débeda desde 2008, exercicio no que comezou a tendencia ascendente na evolución do endebedamento no conxunto das administracións públicas de España, incluídas as comunidades autónomas.

Ademais, logo do esforzo extraordinario por mor da pandemia, Galicia leva unha senda descendente dos seus ratios de endebedamento, que se consolidará este ano, xa que os orzamentos para 2024, por primeira vez nos últimos 16 anos, están elaborados sen novo endebedamento, salientan desde o departamento autonómico.

Galicia reduce a súa ratio débeda/PIB ao 16,1%