O 23 de xuño

Folga no sector do comercio de alimentación da provincia de Lugo

Comisións Obreiras e a CIG convocan folga no sector do comercio da provincia de Lugo para o próximo 23 de xuño. Antes, o domingo 18, haberá unha manifestación na capital lucense na que reclamarán a reducción da xornada laboral e unha suba salarial.

Folga no sector do comercio de alimentación da provincia de Lugo

Segundo denuncian os sindicatos CCOO-Servizos e CIG-Servizos, o detonante desta convocatoria de folga é o “escurantismo e desprezo con que a patronal e a UGT pactaron un preacordo que nin sequera se lles presentou ás demais organizacións, impedíndonos valoralo e presentarmos as nosas propostas”.

Para ambos sindicatos, “este suposto preacordo segue condenando os traballadores e traballadoras do sector na provincia de Lugo á desigualdade e á precariedade laboral. É por iso que con estas medidas pretenden unha mellora das condicións laborais dos traballadores do sector.

Para Comisións Obreiras, a sinatura do convenio está supeditada ao logro de varios puntos. O primeiro é unha mellora salarial de maneira que se acheguen os salarios ao convenio da provincia da Coruña e con revisión anual conforme ao IPC. O segundo punto pasa polo pagamento do 100% do salario en casos de incapacidade temporal. O terceiro reclama unha redución da xornada anual, con sábados libres e o último busca a eliminación do grupo IV do convenio, con salarios preto do salario mínimo interprofesional.

Esta nova manifestación súmase ás celebradas o pasado venres día 2 en Pontevedra e o domingo 11 en Vigo.

Folga no sector do comercio de alimentación da provincia de Lugo