Terá "importantes repercusións para persoal e clientes"

CCOO denuncia que o traslado da atención teléfónica de UFD a Colombia fará perigar postos de traballo na Coruña

Comisións Obreiras denuncia que a decisión de Naturgy de trasladar a Colombia, a partir do mes de setembro, o 80% da atención telefónica de Unión Fenosa Distribución (UFD), pon en risco os postos de traballo en Teleperformance A Coruña, empresa na que traballan 118 persoas.
CCOO denuncia que o traslado da atención teléfónica de UFD a Colombia fará perigar postos de traballo na Coruña
UFD é a distribuidora de electricidade de Naturgy.
UFD é a distribuidora de electricidade de Naturgy.

A decisión -que obedece exclusivamente a motivos económicos, indican desde CCOO- foi trasladada polos responsables de Teleperformance A Coruña o pasado día 11 de xullo ao comité de empesa.

O servizo de atención ao cliente de UFD -Unión Fenosa Distribución, pertencente ao grupo Naturgy- lévase prestando na Coruña desde hai máis de 25 anos mediante asistencia telefónica, incluindo atención ao cliente nas zonas de distribución da compañía (Galicia, Castela, Madrid...) sobre avarías, reclamacións, cortes e reenganches, consultas das oficinas comercializadoras e atención comercial. Desde o sindicato lembran que Unión Fenosa Distribución non conta con oficinas físicas polo que a atención é exclusivamente telefónica ou por mail.

"Este servizo chegou a empregar preto de 500 persoas e tras varias reducións, hoxe en día é atendido por 118 persoas traballadoras, que se limitan á atención técnica. Nos últimos anos, canceláronse as campañas comerciais de luz e de gas de mercado libre e regulado", engaden desde Comisións.

A decisión de trasladar o servizo que presta Teleperformance A Coruña a Colombia terá "importantes repercusións para persoal e clientes", expoñen desde o sindicato, pois "os datos dos clientes de NATURGY estarán nun país que carece da estrita regulación sobre protección de datos existente na Unión Europea, co grave risco que pode conlevar en materias tan sensibles como venda de datos persoais e posibles fraudes". Ademais, "aproximadamente tan só 20 persoas van ocupar de dar atención telefónica de servizo técnico non podendo dar suficiente cobertura a toda a atención e desde logo nunca en galego, engaden desde CCOO, que critican que o servizo que se prestará desde Colombia non terá en conta as particularidades e xeografía galega "para unha correcta atención".

Por último, o sindicato indica que "non existe un compromiso claro por parte da empresa, de recolocación do persoal afectado noutros servizos".

CCOO denuncia que o traslado da atención teléfónica de UFD a Colombia fará perigar postos de traballo na Coruña